Que acabe axiña!

Que difícil papel o do gregario. Que difícil comprender o papel do líder nos momentos de gloria, pero moito máis nos convulsos momentos do sufrimento. Isto vale para o deporte, no que os seguidores dos grandes equipos utilizan como arma arroxadiza alineacións e fichaxes, triunfos e derrotas, que as derrotas non teñen dono, pero súfrenas […]

Mini cun sombreiro de palla

  Magoa non ter visto en vivo e en directo ao deputado Mini, no Parlamento galego, cantando con voz patriarcal o que tantas veces cantou no escenario: “Con un sombreiro de palla,/ un galego a Belén foi;/ mentras adoraba o neno,/ comeulle o sombreiro o boi”. Íase debatir no Parlamento a posición de Galicia diante […]

Avelino Díaz

Veño de participar en Meira nunha xornada entrañable de lembranza e homenaxe a Avelino Díaz, por cumprirse 121 anos desde o seu nacemento en Órrea (Riotorto). Avelino Díaz medrou en Meira, despois da súa primeira emigración e antes da segunda, que sería a definitiva, e na que non volvería á terra. Na Arxentina fíxose grande […]

¡Hai lotería!

De hoxe, non pode pasar: teño que ir mercar lotería para o sorteo de Nadal. Non é que o corpo me pida que rinda culto á Sorte e xogue neste sorteo que tantos millonarios fai, sendo o maior beneficiario a Facenda Pública que desde o tempo do Rei Carlos III segue a exprimir esta orixinal […]

Acelerar a desbrozadora

  A noticia deu a volta a España: Un lucense tuneou un patinete, acoplándolle o motor dunha desbrozadora, convertíndoo nun vehículo que non sei se lle pode chamar automóbil. Se esto ocorrira froito dun experimento dunha grande compañía de automóbiles, ou procederá dos Estados Unidos, saudaríamos alborozados esta innovación que non sería máis nin menos […]

Eu creo en San Alfonso de Guitiriz

No mundo da Cultura de Galicia, cando se menciona a “Alfonso de Guitiriz”, fálase de Alfonso Blanco Torrado, o máis popular dos Alfonsos da Terra Chá, que naceu en Montevideo en 1950, ten as súas raíces familiares no Ponteceso de Pondal, e é chairego por vocación e dedicación, desde o momento en que pisou estas […]

Aldeas mortas

Somos, sen querelo, e ás veces sen sabelo, protagonistas de historias que parecen de fóra do espazo e do tempo. Unha destas noticias foi a publicación nun portal de internet da venda dunha aldea abandoada de Riotorto, recomendando a súa compra como agasallo de Nadal a actriz Gwineth Paltrow, que repetidamente ten manifestado a súa […]

Lapsus episcopal

Calquera de nós, cidadáns de a pé que expresan opinións a través dos medios informativos, ten que medir moi ben as súas palabras para evitar estridencias que poden ser mal interpretadas, ou resulten impropias ao ser analizadas. Pero a medida do que se di ten que ser moito máis ponderada se se trata dun cargo […]

A cidade non é para min

  Poucas veces somos conscientes da realidade que nos rodea, do que disfrutamos; e case sempre desexamos o que non temos sen valorar como se merece o que posuimos. Esto, vale para case todo na vida, pero aténdonos á realidade do noso entorno, temos que apreciar o pouco valor que se lle deu ao vivir […]

No perfil das verbas

Quero chamar a atención sobre o título do libro que vean de publicar Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, que temos presentado en Santiago, Vilalba, e hoxe presentamos no Vello Cárcere de Lugo, ás sete da tarde: “No perfil das verbas”, poético título co que un poeta bautiza o seu rotundo libro, que todos os seus títulos chaman […]