Estamos no bo camiño

Perfílase un horizonte prometedor. Xa sei que algúns persistirán en otear un panorama diferente, algo máis escuro, pero, mantendo a necesaria cautela que sempre é pertinente nestas circunstancias, as noticias, pese a quen lle pese, son boas. Por que non alegrarse cando a realidade o permiten? Eu coido que podemos amosar certo grao de ledicia […]

Unidade, lealdade e transparencia

Vivimos unha situación dramática, atravesamos a peor crise sanitaria da historia recente de España, con miles de mortos; por iso, antes que nada, gustaríame aproveitar este espazo para mandarlle unha aperta a todas aquelas familias que perderon algún ser querido como consecuencia do coronavirus.  É máis ca nunca o momento da responsabilidade. Os cidadáns encaramos […]

Galicia como modelo

Como prácticamente todo, a distancia é subxectiva pero coido que coincidirán conmigo en que entre Galicia e Cataluña existen, pese as obvias semellanzas de partida, diferenzas que chegan a resultar insalvables. As dúas son comunidades históricas, cos seus correspondentes estatutos de autonomía e cunha cota de autogoberno amplísima, cunha lingua e cunha cultura distintiva propia. […]

Relevo xeracional

Dende que a comenzos da semana o Rei Xoan Carlos anunciara a súa abdicación, os medios de comunicación deron insistentemente conta dos intres máis destacados destas case catro décadas de reinado, acompañados das testemuñas de testigos máis o menos directos de todo o acontecido. Visto así, con imaxes a ritmo vertiximoso, podería parecer que 40 […]

Fortes en Europa

A cita coas eleccións europeas é o vindeiro 25 de maio á que, coido, ninguén debe faltar. Votar é un dereito pero tamén un deber, un deber como cidadán. E quen pense que no Parlamento europeo non se decide nada que lle afecte está moi equivocado. A importancia é tal que ó redor do 80 […]

D.E.P

Adolfo Suárez naceu en Ávila pero puido perfectamente facelo en A Coruña. Foi, coma el mesmo contaba, unha circunstancia accidental. Non se trata de reivindicar eiquí a súa procedencia porque se algo quedou claro nestes últimos días é que dende todos os recunchos de España emerxe, con idéntica intensidade, unha inmensa estima pola súa traxectoria […]

Respecto ao Parlamento

O acontecido recentemente nas rúas de Santiago é inaceptable. Vaia por diante que o emprego da violencia desacredita a quen a emprega. Semellante calificación merecen os armadores pechados no Parlamento e mesmo a concentración dos alcaldes as súas portas para protestar pola revisión das taxas de Sogama. Os mariñeiros do cerco teñen dereito a dar […]