O presidente da Deputación, na 25 edición do Festival de Cine de Ourense, OUFF

Xurado da Sección Oficial 

Inés París. Presidenta do xurado do Festival de Cine de Ourense na súa 25 edición, é guionista e directora de cinema e televisión. Foi produtora executiva e autora, de series como: “La valla”, (actualmente en emisión en Antena 3 e Netflix) e  “El Accidente” de Mediaset. Escribiu e dirixiu “La noche que mi madre mató a mi padre” (2016) , “Miguel y William” (2007), “Semen, una historia de amor” (2005) e “A mi madre le gustan las mujeres” (2002). Tamén estivo detrás da cámara nos documentais “Manzanas, pollos y quimeras” (2014), “Ellas son… África” (realizado en 2010 en Malí-Etiopía-Mozambique e Senegal) e “Igual-es”  (serie para TVE-2011). Fundadora e ex presidenta de CIMA (Asociación de Mujeres do Audiovisual Español) pertence á súa Xunta Directiva, foi presidenta da Fundación SGAE e conselleira da Fundación Mujeres por África. 

Eva Gancedo. Compositora de bandas sonoras, traballou con directores como Ricardo Franco ou Rafael Gordon, e no ámbito escénico, con directores de teatro como José Monleón ou de danza como Carmen Senra. As súas obras foron interpretadas, entre outros, pola Orquestra Sinfónica de Praga, a Orquestra da RTVE ou o Grupo de Cámara de Ara Malikian. Recibiu o Premio Goya da Academia de Cinema á Mellor Banda Sonora Orixinal pola música para a longametraxe, A boa estrela, e varios nomeamentos a Mellor Banda Sonora Orixinal e Mellor canción, pola Noite do irmán e Arderás comigo. Tamén obtivo o Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor Banda Sonora Orixinal pola súa participación nas películas A Raíña Isabel en persoa e A Boa Estrela, así como o nomeamento de Mellor Música de TV nos Premios da Academia de Televisión pola rosa de pedra. 

Marta Blasco. Apaixoada do mundo da fotografía, traballou como axudante de produción nas series “La Mujer de tu vida” de Fernando Trueba e “La Huella del Crimen” de Pedro Costa e colaboroi diferentes directores de arte como Félix Murcia, Juan Botella ou Juan Pedro Gaspar. Nos seus mais de 25 anos no mundo do cinema traballou en producións dirixidas por recoñecidos directores como: Ricardo Franco, Imanol  Uribe, Pilar Miró, Pedro  Almodovar, Vicente Aranda, Julio  Medem, Pedro  Olea, Moncho Armendáriz, Emilio Martínez Lázaro, José Luis Cuerda (que será homenaxeado no Festival de Cine de Ourense), Daniel  Calparsoro, Dani de la Torre (Premio Ourense na 25 edición do OUFF) e Daniel Sánchez Arévalo, entre outros. Moitas das películas nas que participou foron galardoadas con importantes premios, como “Belle Époque”, Óscar á mellor película estranxeira, Goya á dirección de artística e “Tirano Banderas”, “Días Contados”, “El perro del Hortelano”, “Bwana”, “Secretos del Corazón” e “La Sombra de la Ley”, premios Goya á mellor dirección de arte. Foi nomeada como mellor Dirección Artística pola película “Segundo Asalto”, de Daniel Cebrián. 

Carlos Blanco. Actor e director teatral con 30 anos de experiencia tanto no cien como no teatro. Como actor, trabalouu en filmes como “Heroína” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Volver” de Pedro Almodóvar. En Televisión protagonizou “Una bala para el rey” dirixida por Pablo Barrera para Antena 3, coprotagonizou a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, e formou parte do elenco da serie “Fariña”, ademais doutros traballos. Recentemente ven de participar nas series “La Unidad” e “Los favoritos de Midas”. Creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, Humor Neghro (colaborando co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (colaborando co músico Budiño) ou Menú do Día e Menú da Noite colaborando co debuxante Luis Davila. A súa primeira colaboración co actor Xosé A. Touriñán, Somos Criminais” dirixido por Tito Asorey, bateu records de asistencia de público en Galicia con máis de 50.000 entradas vendidas. Actualmente ten en cartel dous espectáculos: a segunda colaboración con Touriñán, titulada “Unha noite na praia” dirixida por Javier Veiga, e “Quen dixo medo” no que comparte escenario con Oswaldo Digón. 

Xurado de curtas 

A terceira edición do OUFF en curto contará tamén cun xurado de excepción que evaluará as 15 cintas a competición. Simone Saibane, Jose Aragunde e Aida Cobas asumen o reto nunha edición especial marcada pola celebración do 25 aniversario do festival e a restriccións impostas pola situación sanitaria actual. 

Simone Seibane. Presidente do xurado de curtas, é cineasta e produtor galego de orixe italiana. No 2012 fundou en Ourense a produtora e distribuidora Noveolas. Na súa filmografía hai títulos como ‘9 ondas’ (2013), ‘Kuti Khanti’ (2014), ‘A sorpresa’ (2015), ou ‘Pelerinaxes’ (2016), filmes que tiveron recorrido en festivais nacionais e internacionais, recibindo varios premios. Como docente e crítico de cine colaborou con varios medios e institucións como a revista ‘Duellanti’, o Instituto Cervantes de Milán, a Fundación San Fedele, a Esap de Porto, o CGAI e a Universidade de Vigo. 

Jose Aragunde. Técnico audiovisual con 25 anos de experiencia no sector. Despois de 15 anos facendo televisión decide reorientar a sua carreira ao mundo do videoclip, a publicidade e o documental. É realizador de videoclips de Oscar Avendaño, La casa de los ingleses, Heroínas, The Soul Jacket… Dirixiu a curtametraxe ‘Iulia’, e foi o director de fotografía e montador de ‘Pingas’, de Deborah Vukusic. Recentemente foi o responsable da fotografía e montaxe da longa documental ‘Reboiras, Acción e Corazón’. 

● Aida Cobas. Actriz licenciada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, con mestrado en Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo. Cumprimenta a súa formación con diversos talleres e cursos relacionados coa interpretación, e asistindo regularmente ao Adestramento Actoral impartido por Fernando Tato. No eido teatral formou parte das compañías Metátese Teatro e Alentía Teatro, actuando en escenarios nacionais e internacionais. As súas últimas participacións no audiovisual son ‘O sabor das margaridas’, primeira producción galega incluída en Netflix e ‘La sombra de la ley’, filme do director galego Dani de la Torre. 

Xurado de Fas Muvis 

Tres serán os membros do xurado do Fas Muvis 2020, unha iniciativa que nace dentro da  23 edición do Festival de Ourense e que novamente convertirá á cidade nunha plató de rodaxe: 

Laura Miragaya, realizadora é docente no IES Audiovisual de Vigo e na Universidade de Vigo. 

Sergio Frade, productor e docente no IES Audiovisual de Vigo e na Universidade de Vigo.  

Mariana Carballal, actriz e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Universidade de  Vigo 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar