Nace Fervenza Sonora

Nace Fervenza Sonora, un novo ciclo de música ao aire libre na contorna natural do Mosteiro da Fervenza, que Los Secretos inaugura o sábado 26 de setembro ao atardecer.

A banda madrileña, que actuará en Lousame (A Coruña) en formato trío acústico, revisará nun formato íntimo e elegante algúns dos seus grandes éxitos.

As entradas para o concerto estarán á venda desde hoxe, mércores 16 de setembro, a través da plataforma web ataquilla.com.

As fervenzas que percorren os ríos San Xusto e Vilacova fan deste conxunto monumental un enclave turístico singular, capaz de aunar música e historia a través desta nova programación que terá continuidade en 2021A Coruña, 16 de setembro de 2020.-

Música, natureza e vida. Esta é a idea que impulsa o evento musical Fervenza Sonora, a nova proposta cultural que promove o Mosteiro da Fervenza, o conxunto monumental de turismo rural situado no corazón de San Xusto de Toxosoutos (Lousame, A Coruña).Fervenza Sonora, unha decidida aposta polo goce da natureza e da música ao aire libre nun enclave singular, como é a antigua casa reitoral do mosteiro benedictino do lugar de Toxos Outos, presentarase no serán do vindeiro sábado 26 de setembro. Será da man dun dos grupos máis recoñecidos.do pop estatal das últimas décadas e cunha fonda pegada na memoria de varias xeracións, como é Los Secretos.

A banda madrileña, que chegará a Lousame en formato trío acústico, regresa aos escenarios este verán máis activa que nunca logo lanzar o seu último traballo discográfico, Mi paraíso. Nunha cita íntima e elegante, o trío conformado por Álvaro Urquijo, Ramón Arroyo e Jesús Redondo percorrerá as raíces e éxitos da súa traxectoria da man do público a partir das 19.00 horas. As entradas para esta sesión xa están á venda na plataforma web www.ataquilla.coma partir de 30 euros (gastos incluídos) e estableceranse diferentes opcións en función tanto do número de entradas como da localización. Así, o público que desexe gozar do concerto a pé do escenario terá opción de adquirir os seus billetes Platea de xeito individual (30 euros) ou dobre (60 euros). Ademais, o Mosteiro da Fervenza ofrecerá a posibilidade de gozar das Terrazas, espazos do recinto nos que se poderán situar grupos de ata catro persoas convivintes.

Estes puntos contarán con mobiliario específico para facilitar a comodidade do público durante a actuación e o prezo da entrada conxunta variará en función da súa situación: 160 euros nas terrazas inferiores e 140 nas superiores. A actuación de Los Secretos suporá un adianto do que será Fervenza Sonora, un festival que se desenvolverá no 2021 para achegar ao público propostas culturais que entran en relación directa co propio territorio no que se sitúa. O Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, un espazo emblemático declarado Ben de Interese Cultural no que se atopa o Mosteiro da Fervenza,sitúase xunto á beira dos ríos San Xusto e Vilacova, que agochan toda unha serie de fervenzas e saltos de auga que sorprenden aos camiñantes o seu paso. Así, a posibilidade de gozar de sendeirismo e cultura será o eixe principal que sustentará Fervenza Sonora. “Queremos ofrecer unha experiencia única para as nosas e os nosos visitantes, como é a oportunidade de desconectar do seu día a día nunha contorna natural espectacular, ateigada de recunchos fascinantes, e conectar unicamente para convivir coa música, a natureza e a auga”, sinala a xerencia deste aloxamento rural de Lousame.

O Mosteiro da Fervenza conta cunha páxina web (www.mosteirodafervenza.es) e un perfil na rede social Instagram (@mosteirodafervenza) nos que o público pode coñecer, con máis detalle, toda a vida que acolle o conxunto monumental.Protocolo sanitarioDe cara ao desenvolvemento do concerto, o Mosteiro da Fervenza porá en marcha un protocolo específico de prevención da covid-19, co obxectivo de garantir unha celebración segura. No acceso ao recinto, que abrirá as portas ás 17.30 horas, a organización facilitará a utilización de dispensadores de xel hidroalcohólico e tomará a temperatura do público. Logo deste primeiro control de entradas, as e os asistentes poderán acceder ao auditorio ao aire libre de xeito escalonado. Nun segundo momento, acompañarase ao público aos seus asentos. O espazo estará dividido en terrazas e diferentes alturas, o que facilitará a visión do público no conxunto monumental.

As e os asistentes situaranse no recinto en función do tipo de entrada adquirida (Platea – individual ou dobre- e Terrazas -superior ou infeior-, para grupo de ata catro persoas convivintes). A organización disporá as cadeiras e mesas no espazo de xeito que manteñan, como mínimo, a distancia de seguridade de 1,5 metros entre elas. As zonas de circulación estarán perfectamente sinaladas para facilitar a mobilidade do público e durante o espectáculo as consumisións serviranse de xeito personalizado ao nos espazos asignados ás e aos asistentes, co obxectivo de reducir o tránsito durante o concerto.

Los Secretos

Los Secretos é un dos grupos máis emblemáticos da música pop-rock estatal das últimas décadas. Logo de máis de 40 años de traxectoria, a banda mantén a esencia do seu inconfundible son, atemporal e inimitable, deixando unha fonda pegada na memoria e no corazón de varias xeracións.
O grupo nace en 1978 como un soño dun grupo de rapaces. Os irmáns Urquijo (Javier,Enrique e Álvaro) xúntanse con José Enrique Cano (Canito) para dar forma a un proxecto quepublica en 1980 o seu primeiro EP. Este contén un dos himnos históricos do panorama musical: Déjame. Desde entón, a banda comeza unha traxectoria ateigada de numerosos
éxitos e recoñecementos (como a Medalla de Oro de las Bellas Artes no 2015), ademais de
importantes perdoas persoais.

Na actualidade Los Secretos mantén unha intensa actividade sobre os escenarios. Após o lanzamento de Mi paraíso, este 2020 presentan directos en diversos formatos. Un deles é o trío, en acústico, co que pretenden regresar as súas raíces e compartir co público os
grandes éxitos da súa traxectoria.

CONTACTO DE PRENSA
The Office Comunicación
Lucía Pita e Luisa Castiñeira
lucia.pita@theofficeco.es – luisa@theofficeco.es
Tlfno: 675 404 321 – 620 113 155

Sala de prensa en liña (cartel, foto e bio de Los Secretos e vídeo promocional)
https://www.dropbox.com/sh/4dhil2tikvmar5g/AAD3f4l_PUvvJ9bAfDtJJDAUa?dl=0

FERVENZA SONORA
Mosteiro da Fervenza

Evento: Concerto de Los Secretos (formato trío) en Fervenza Sonora
Data: 26 de setembro, ás 19.00 horas (apertura de portas ás 17.30 horas)
Lugar: Mosteiro da Fervenza. Lugar de San Xusto de Toxosoutos.

Pista San Xusto, 26, 15214 Lousame (A Coruña) https://goo.gl/maps/knbiaKRE251xvY3x9

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar