Estado de alarma por alerta sanitaria

Está prohibida a circulación por vías e espazos públicos sen razón xustificada.

As zonas comúns do edificio son espazos privados de uso común, aos que, de principio e literalmente, non afecta esta prohibición xeral.

Os equipamentos e actividades que si quedan expresamente suspendidas son as reunións, e os locais onde se poden levar a cabo, o uso das piscinas e dos parques infantís.

En todo caso, e coa finalidade de que as medidas de confinamento decretadas no estado de alarma teñan a súa maior eficacia, haberá de reducirse ao imprescindible o uso das zonas comúns para minimizar as posibilidades de contaxio.

  • Manter a distancia con outras persoas, mínimo 1,5 metros.
  • Usar o ascensor o mínimo posible, e de forma individual.
  • Manter ao máximo a limpeza e hixiene nas zonas comúns, evitando tocar coas mans.
  • Manterse dentro da propia vivenda todo o tempo posible.
  • Respectar as medidas de illamento e corentena en caso de estar contaxiado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar