Festival Audiovisual Escolar Olloboi

A Academia Galega do Audiovisual decidiu outorgarlle o
Premio Especial José Sellier ao Festival Audiovisual Escolar Olloboi, unha
iniciativa dirixida a alumnado e profesorado dos centros escolares galegos e que
en 2020 celebrará a súa décima edición. Con este premio a Academia quere
recoñecer o traballo de Olloboi por “difundir o audiovisual galego entre a
xuventude a través das creadoras e creadores e permitir que o talento dos nosos
artistas faga canteira.”

A Asociación Cultural Olloboi naceu do traballo dun grupo de docentes asentados
no Barbanza desde o ano 2009. Co tempo, a ese grupo engadiuse xente de fóra
do ámbito escolar e constituiuse como asociación co fin de organizar anualmente
o festival de cine escolar Olloboi, que culmina en maio cun evento cheo de
proxeccións, unha entrega de premios e un encontro de mozos e mozas
creadores, profesorado e profesionais do audiovisual.

Olloboi é un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade,
por iso organizan cada ano este certame que premia a orixinalidade, arte e
compromiso dos traballos de futuros profesionais. A Academia quere recoñecer a
súa labor “por poñer en valor e fomentar o espíritu crítico e a visión persoal do
alumnado a través do audiovisual”. Un equipo multidisciplinar e diverso baseado
no traballo colaborativo, no que as catro persoas que forman o equipo de
dirección asumen diversas tarefas: Lolo Garrido e Susana Diz asumen a parte de
deseño, Petro Álvarez coordina a admisión de vídeos e supervisa os contidos e
Ana Moreiras coordina, comunica e produce. Ademáis, Yaiza Vicente e Javi Paz encárganse de xestionar a parte informática e de redes e Sara Hermo colabora en
traballos de produción e realización.


A iniciativa estableceu fortes vínculos coa cultura galega, o tecido social do
Barbanza e a canteira do audiovisual, coa publicación na web do festival de vídeos
educativos nos que participan os chamados “cómplices” do sector, entre os que
se atopan Miguel de Lira, Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Enrique Otero,
Sandra Montes, Giselle Llanio, Jorge Coira, Sandra Sánchez, Luís Avilés, Ana
Cermeño, Morris, Araceli Gonda, Xosé Castro e Andrés Mahía, Lucía C. Pan e
Alberte Branco, Quico Cadaval, Mónica García, Ángel Amaro, Fany Bello, David
Machado, Carlos Ares ou Beli Martínez.


En 2020 o festival celebrará unha década de existencia, cun evento no que a
rapazada, o profesorado e os profesionais do sector participarán nas proxeccións,
o cinede guerrinllaa coa colaboración de cineastas e a cidadanía de Boiro, (Muchachada 4×4) e unha entrega de premios nos Asteleiros Triñanes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar