Reunión de Manuel Baltar cos directivos da Fundación “Carlos Velo”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos máximos representantes da Fundación “Carlos Velo”, a primeira do ámbito audiovisual en Galicia, presidida por Carmen Leyte e da que forman parte Miguel Anxo Fernández, Antonio Piñeiro e Xosé Manuel Rodríguez, unha xuntanza na que tamén participou o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.

Na reunión tratouse a incorporación da Deputación de Ourense á dita fundación, “tendo en conta a vinculación que existe desde fai dous anos cando se lle encomendou por parte da institución provincial a xestión do festival de cinema de Ourense”, comentou o presidente Baltar.

Tamén se falou do proxecto de rehabilitación da sede da Fundación “Carlos Velo”, en Cartelle, así como das liñas xerais de xestión e organizativas da vindeira edición do OUFF, “que será a 25ª edición e que terá unha relevancia importante; un evento co que a Deputación se volcará de novo xa que consideramos que é un do escaparates máis importantes da cidade e da provincia, as cales, vistos os datos turísticos de 2019, rexistran uns números históricos”.

Este atractivo, en palabras de Manuel Baltar, “hai que seguir impulsándoo, tendo en conta a próxima chegada do AVE e a nova situación que terá Ourense como capital da alta velocidade e a nosa situación xeoestratéxica como capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, expresou

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar