Orgullo de pertenza

A IDENTIFICACIÓN dos humanos co lugar onde nacen e medran é intensa, na maioría dos casos. Sexa como sexa o lugar, o home é de onde nace, ata sempre, do seu lugar da súa comarca, da provincia, da vila mariñeira ou da montaña. De alí, onde se identifica a xente polo nome do lugar, como se fose o apelido de tódolos habitante da tribo. Cadaquén ten o seu nome, a súa casa, a súa forma de ser, de andar e de pensar, pero son daquel lugar que é diferente a calquera outro e, por suposto, mellor ca tódolos outros. O mesmo sinal de identidade para os veciños, para os tíos dos veciños, para os fillos, para os escolares e para os que se foron ás Américas ou por Europa adiante.

A identidade ninguén quere perdela e non se perde, nin coa distancia, nin mesmamente coa morte. Ese conxunto de características, de elementos que definen a personalidade dunha persoa e dun pobo é permanente, mentres haxa quen se acorde delas. Xa o dicía Borges, «o importante é que o home saiba e non esqueza nunca quen é». Niso estamos, amigos lectores, no transo de non perder a memoria, para saber sempre de onde somos.

Somos de onde vimos e a nosa identidade está marcada no pasado e nos antepasados. Somos un pobo que naceu na lonxanía temporal, temos un idioma dos primeiros, temos territorio harmónico e que, ao longo de varios séculos, foi sustento de moitos, e temos cultura propia, para gloria deles e dos outros. Todo isto constitúe a nosa identidade como galegos. Como xente que mira para o futuro, dende a atalaia de respecto aos que nos precederon. De respecto e de admiración porque somos herdeiros e mantemos, pois, o compromiso de seguir avanzando cara a unha sociedade que segue aspirando e demandando xustiza. ¿Cómo pagar 60% menos en el seguro del coche? Hace 4 meses decidimos cambiar la compañía con la que tenemos asegurado nuestro coche porque estábamos cansados de pagar 480 € al año con Mapfre. Cada vez que veíamos en el buzón la carta de Mapfre nos poníamos de mal humor, pero esto dejó de ser un problema cuando descubrimos la nueva compañía a través de la cual hemos asegurado nuestro coche. Os contamos cómo hemos conseguido pagar un 60% menos Haz click para leer este contenido >>

O Camiño de Santiago é símbolo ou parte da nosa identidade e na súa contorna medraron outros sinais. Un deles o marcado pola lírica galega que -ao parecer- comeza, a principios do século XII, coa pluma caligráfica sen plumín de Martín de Padrozelos, un trobador que os investigadores identifican como o primeiro da historia literaria de Galicia. A Tía Manuela sábeo ben e, aínda que o boi e o burro son de onde pacen, «nós, os homes leais e as mulleres honestas, somos de onde vimos e temos orgullo de pertenza».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar