O Concello de Ourense oferta 140 actividades formativas nunha nova edición da Universidade Popular

O Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades formativas Universidade Popular. Son en total 140 cursos e obradoiros, dirixidos a persoas maiores de 16 anos, cun total de 3.989 prazas dispoñibles. A oferta dá continuidade a actividades que ano tras ano teñen unha grande acollida entre o público e incorpora un total de 44 novos cursos e obradoiros. Trece das actividades impartiranse na modalidade online e as 127 restantes de forma presencial.

As persos interesadas poderán preinscribirse desde o día 1 ao 31 de outubro, a través da páxina web da Concellería de Educación www.educacionourense.com. cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde o día 1. Se teñen algunha dificultade para realizar o trámite poderán acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), de 9 a 14h. Un dos criterios de admisión será a orde de entrega da solicitude.

A programación estrutúrase en 6 bloques de contidos: Idiomas, Novas tecnoloxías, Corpo, saúde e calidade de vida, Cultura, coñecemento, tempo libre e afeccións, Intervención social e formación para o emprego e Obradoiros de artesanía.

Entre as novidades do curso 2020, pódense destacar: Taller de seguridade en dispositivos móbiles, Prestashop, Ballet, Pole Dance, Cociña saudable, Postres saudables, Marketing e ventas, Deseño de moda, Accesibilidade, Hixiene xeral nas industrias alimentarias, Tecnicas de comunicacion en hostalería, Os xogos de mesa como ferramenta educativa, ¿Cómo se crea unha serie de TV?, Videoblogs en Youtube, Descubre a historia de Ourense a través de artistas e escritores, Escritura creativa, Control de pragas, enfermidades e fisiopatías das plantas e Artes decorativas.

Na modalidade online son novidades os cursos de Monitor especialista en integración de persoas con discapacidade en actividades de ocio e tempo libre, Monitor/dinamizador de actividades extraescolares, Prevencion e deteccion do acoso e violencia escolar e Sistemas de análise de perigos e puntos de control crítico e practicas de hixiene na industria alimentaria

Ademais, debido á demanda detectada o curso anterior, ofértase un curso máis de Ioga, un nivel avanzado de Portugués, un nivel avanzado de Bailes Latinos, e un curso máis de Artesanía en Coiro

A programación completa e a informacion de datas e horarios está dispoñible para a cidadanía na páxina www.educacionourense.com

O programa formativo que desenvolve a Concellería de Educación chega este ano ao seu 25 aniversario, rexistrando un constante incremento no número de persoas participantes. Dos 424 alumnos que participaron no curso inicial, en 1995, pasou a máis de 3.000 no ano 2019..

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar