O alcalde de Ourense valora positivamente os seus cen primeiros días

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde, Jorge Pumar, compareceron en rolda de prensa para valorar os cen primeiros días de xestión do goberno municipal formado por Democracia Ourense e Partido Popular. Cen días, dixo o alcalde, nos que foi necesario “apagar moitos incendios, salvar cousas in extremis e ver cómo está a maquinaria por dentro”, mais no que o máis importante é que “pulsamos as teclas correctas”. O tenente de alcalde Jorge Pumar destacou pola súa banda o traballo dun “equipo de goberno unido cunha visión de futuro compartida”, e “no que a palabra clave é Ourense”.

O alcalde destacou como aspectos máis salientables:

  • Dispoñer en “tempo récord”· dun organigrama completo do Concello, coas 670 persoas en nómina da institución, coa previsión de 50 próximas xubliacións e a necesidade de incorporar policía local, bombeiros e persoal cualificado técnico, que se contratará proximamente.
  • Impulso do proxecto de Centro de Intelixencia artifical, para o que se obtivo o apoio de catro institucións: Xunta de Galicia, Deputación, UNED e Universidade de Vigo.
  • Novo enfoque á cultura, desprendéndose o Concello de actividades “que non consideramos importantes”, e o proxecto de “poñer en valor e darlle realce” a festas da cidade, como os Magostos, co obxectivo de que “atraian miles de persoas”
  • Vai comezar a elaboración dos pregos para a construción de escaleiras e rampas mecánicas en diferentes barrios da cidade, coa previsión de que entren en servizo nun prazo de 1 ano e medio ou 2 anos.
  • Determinación da ubicación dos aparcamentos disuasorios da cidade, e comezo dos trámites para a peatonalización de diferentes rúas, comezando con Concordia.
  • Parque acuático termal, que se ubicará en Untes se os estudios demostran que as surxencias termais existentes son suficientes. Será, dixo o alcalde, “o mellor de Europa e estaría aberto 12 meses ao ano”. Un proxecto que se desenvolverá a maiores do parque acuçatico que construirá a Xunta en Monterrei.
  • Sobre o Plan de Urbanismo, o alcalde reiterou a necesidade de retocar “puntos claves” e aprobalo nun prazo de 12-18 meses

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Jorge Pumar, subliñou o traballo dun “equipo de goberno unido cunha visión de futuro compartida”, durante un período de 100 días no que “reinou a complicidade” e cun futuro “no que a palabra clave é Ourense”.

Destacou aspectos como, entre outros:

  • Licitación da dirección de obra da reforma da Praza de Abastos
  • Inicio da negociación dos orzamentos para 2020, expediente “clave”, dixo, para o Concello, xunto co Plan de Urbanismo
  • Desbloqueo do programa do servizo de axuda a domicilio
  • Posta en marcha de campañas medioambientais, dun plan intensivo de limpeza nos barrios ou de medidas de control da praga de estorniños
  • Traballo no perímetro rural, escoitando as demandas veciñais para realizar un plan de investimentos específico.
  • Licitación de dous proxectos deportivos “importantísimos”, como as reformas do campo de fútbol Vilar de Astrés e do polideportivo do Campo da Feira, cun investimento total de 670.000 euros
  • Licenzas como a do Campus da Auga ou Leroy Merlin
  • Novas actividades de promoción de Ourense como destino turístico, cunha gran campaña para a Festa do Magosto

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar