Empeora o tempo

Nas vindeiras horas empeorará o tempo en Galicia. A Axencia Estatal de Meteoroloxía AEMET vén de decretar un aviso costeiro de nivel laranxa que afectará a todo o litoral de Galicia. Ademais, espérase que os ventos alcancen os 100 km/h na Coruña e Pontevedra e chuvias importantes. Deste xeito, lembramos que, ante estes casos, cómpre tomar algunhas medidas preventivas, como informarte do estado das vías, se non tes outra opción que coller o coche. Pon toda a túa atención sobre o asfalto, xa que as precipitacións poden ocasionar bolsas de auga ou desprendementos de terras. Antes de iniciar a túa ruta consulta o estado da circulación na DXT(Ábrese nunha nova xanela) 

Ademais, tome boa nota dos seguintes consellos:

Mentres dure o episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros 

  • Evita aproximarte a diques, rompentes e/ou cantís, xa que unha eventual onda podería arrastrarte. Incluso pode ocasionar danos en vehículos e mobiliario urbano.
  • Se tes embarcación, comproba que está ben amarrada.  

A intensidade coa que soplará o vento, obríganos a que adoptemos algunhas medidas para previr posibles accidentes. Así que, o tempo que dure este episodio de meteoroloxía adversa, convén que:

  • Evites os desprazamentos. Se fosen estrictamente necesarios, comproba o estado das vías antes de emprender calquera viaxe
  • Extrema a precaución nas estradas, afástate de edificios ruinosos, árbores, estadas
  • Pola rúa, afástate dos edificios en estado ruinoso, árbores, cartaces e estadas. Igualmente, retira calquera obxecto susceptible de caer das fiestras e dos balcóns.

Abandona o vehículo se a auga xa chegou ao eixo, mesmo se quedou inmobilizado e sobe moito o caudal

  • Se a chuvia che resta visibilidade mentres conduces, aparta ao arcén, pon as luces de emerxencia e agarda a que a situación mellore
  • Afástate de pontes, ríos e zonas susceptibles de asolagarse
  • Non tentes atravesar espazos inundados
  • Se vas pola rúa presta moita atención aos obxectos que o vento pode tirar dos balcóns e fiestras
  • Se detectas algún sumidoiro atoado e hai risco de inundación avisa aos efectivos de emerxencias
  • Se necesitas axuda chama ao 112

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar