O BNG analiza os resultados do 26M nas asambleas locais

O  membro da Executiva nacional do BNG, Rubén Cela anuncio en comparecencia ante os medios de comunicación, que o BNG está a realizar unha análise dos resultados electorais do 26M que será completada pola elaborada nas Asembleas locais e comarcais dos vindeiros días e que culminará cun Consello Nacional previsto para o vindeiro 8 de xuño.

Para o nacionalista, os resultados do 26 de maio deixan “un escenario político aberto en moitos concellos e deputacións” e do que dependa do BNG, afirmou, “en ningunha desas institucións gobernará a dereita española, sexa o PP en solitario ou acompañado”.

A respecto da política de acordos con outras forzas, Cela asegurou que “o BNG non parte de ningún apriorismo” e non damos, dixo, nada por feito, nin ningunha decisión está precondicionada así como  tampouco existe “unha decisión nacional que vincule a todos os concellos”. Neste sentido, explicou que serán  analizados en cada concello e, na decisión final, será fundamental a opinión da militancia en cada unha desas localidades”, reiterou.

Por outra parte, argumentou que calquera eventual acordo, só se materializará en base unha decisión programática que inclúa  as políticas transformadoras do BNG, porque non entraremos en ningún concello a “gobernar por gobernar”. Só o faremos cando se dean as condicións necesarias e exista a  posibilidade real de  implementar as políticas coas que non comprometemos coa veciñanza.

Esta circunstancia, engadiu,  «é aplicable aos concellos, mais tamén ás deputacións provinciais, para as que ademais, realizaremos unha análise demorada sobre o noso papel nestas institucións e o resultado dos pactos de gobernos destes últimos catro anos».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar