Sensibilidade química múltiple

   Nun tempo no que se coida que os avances da civilización van solucionando problemas, e que imos logrando un mundo máis humano, ocorre coma no caso do coñecemento que canto un máis sabe, máis toma conciencia do que lle queda por saber.

    Neste mes de maio celebrouse o Dia Internacional da Sensibilidade química múltiple, unha das enfermedades raras que está deixando de ser rara para incorporarse ao catálogo de enfermedades emerxentes, que son moi grave problema para os que a padecen.

    Ese día, na praza do concello de Rábade, celebrouse un concerto da banda Sons e Soños de Rabade-Begonte-Outeiro de Rei, para a difusión e mentalización do problema, e foron moitas as afectadas, especialmente mulleres, que pasearon por Rábade as súas mascariñas protectoras, xa que a súa hipersensibilidade impídelles estar nun recinto pechado, e teñen que estar en espazos abertos, e aínda así con problemas porque a pesar de que o aire galego coidamos que é dunha grande pureza, a súa hipersensibilidade detecta todo tipo de impurezas e contaminacións, mesmo nos productos que todos utilizamos, na hixiene persoal ou en perfumes, para estes enfermos sumamente agresivos.

    Polo xeral, as persoas creamos tolerancia aos productos químicos, pero estes enfermos pérdena, e a enfermidade non deixa de medrar coa industrialización, sobre todo en zonas urbanas.     É unha as novas enfermedades que aparezcen nun mundo aparentemente máis limpo e máis sensibel…. E estes enfermos, cada vez máis, perciben as sustancias químicas que os atacan, a través da pel, por inxestión a través da comida e da bebida, ou por inhalación a través da respiración. Enférmase por exposición a sustancias nos postos de traballo, ou por accidentes causados por verquidos,… porque as condicións do traballo son propicias para aparecer esta enfermidade que é irreversible, crónica, complexa, persistente e incapacitante.

    Pretenden as afectadas que se saiba que están ahí, que sofren, que o seu problema non ten volta atras, que teñen que ser atendidas para mellorar a súa vida, que hai que vixiar para que os casos de contaminación non aumenten… 

A enfermidade chámase SENSIBILIDADE QUÍMICA MÚLTIPLE… e é unha moi grave plaga social. Fagamos correr a voz.


Los datos de carácter personal que se incluyen en la presente comunicación

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar