O balneario Termas de Cuntis acolle o domingo o desfile de moda


O desfile, que estará presentado pola directora de marketing e publicidade en España da revista Tevasacasar? Magazine & Web, Mai Andrés, e o locutor en Radio Estrada Pablo Chichas, contará coa participación de dezaseis tendas de roupa, complementos e calzado, nove salóns de peiteado e catro estudios de fotografía de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Marín, Pontevedra, A Estrada e Ordes. Desfilarán 160 modelos –mulleres, homes e nenos e nenas de todas as idades– que amosarán ao público as últimas tendencias en moda infantil e xuvenil, moda feminina, moda curvy, calzado, lencería, moda de baño, moda nupcial e de comuñón, tocados artesanais e xoiaría.

Ademais, o evento contará coa actuación da cantante Menchy Treviño e Etiqueta Negra. Merchy Treviño é a cantante e coordinadora de Etiqueta Negra, un proxecto de música para eventos. Conta cunha dilatada carreira como artista e empresaria, ademais de ser presidenta da Asociación de Empresarios da Verbena Galega (Asevega). Cun repertorio moi diverso para cerimonias nupciais, tanto civís como relixiosas, este proxecto ofértase en distintos formatos, desde solista ata grup

Listado de tendas de roupa, complementos, salóns de peiteado e maquillaxe: Trasniños (Barro), Pequeña Coquetilla (Vilagarcía de Arousa), Creciendo juntos… Elvi (Pontevedra), El armario de Bubu (Cuntis), Bottino & Tacco (Cuntis), Zapatillería Elvi (Pontevedra), Choco Sport (Cuntis), Top Moda (Cuntis), Coquette Baño (Sanxenxo), Siluetas Tallas Diferentes (Pontevedra), Unique Shop (Sanxenxo), Miss Jackobs (tenda online), Noelia Peña (Sanxenxo), Carelli Moda (Caldas de Reis), Kyrye Ceremonia (Ordes), D’Vero (Arcade), Gema F. De Blas (Pontevedra), Andrea Fernández Peluquería (Cuntis), Beatriz Pintos (Pontevedra), Eva García (Marín), El tocador de Sandra (Caldas de Reis), Hair Collors (Pontevedra), Xeloira (A Estrada), Raquel Fuentes Magariños Peluquera (Cuntis), Decoración floral de pasarela e ramos de noiva de Floristería Xunco. Ademais, contarase coa colaboración dos fotógrafos Antonio Portela (Vigo), Merchy Gómez fotógrafo (Pontevedra), Rubén González fotógrafo (Vilanova de Arousa) e Cristina Torres (Vilagarcía de Arousa).

Para máis información: Bea Portas (676 717 915), organizadora do evento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar