Ana Pontón: «O voto do BNG coloca a Galicia no Estado»

No mitin de Ourense a portavoz do BNG, Ana Pontón, ironizou sobre a presenza de turistas electorais que visitaron a cidade estes días de campaña, dende os militantes nacionalistas ao ministro de Exteriores pasando polo propio candidato do PSOE, Pedro Sánchez, “enchendo unha botella de auga na fonte das Burgas”.

Visitas de campaña que non fan que esquezamos, dixo, o agravio destes catro anos, primeiro co PP, despois co PSOE. “Estamos cansos da discriminación das forzas estatais, esas que agora nos falan de voto útil, voto útil para quen, para Casado, para Sánchez?”, interpelou, “por iso, temos que votar como galegos enchendo as furnas de papeletas do BNG porque somos garantía de darlle voz a Galicia no Estado e garantía de frear á dereita antigalega quitándolle a Vox e a Ciudadanos os escanos que lles disputamos nas enquisas”, apelou Pontón.

Ourense

A dirixente nacionalista deixou claro que “hai alternativa a esa foto dos catro machos-alfa da política que nos queren vender dende os platós de televisión, unha  alternativa de país, capaz de facer que sexamos decisivos no Estado e capaz de pararlle os pés a dereita antigalega. Esa alternativa é o BNG e, por iso,  cando PP e PSOE vos veñan coa milonga do voto útil mostrádelle a papeleta do Bloque”.

Neste sentido, Pontón desmontou a falacia do argumento coas que as forzas estatais coinciden en pedir o voto. “Andan Feijóo e Casado por un lado e Pedro Sánchez polo outro a voltas co voto útil. Eu pregúntome, útil para quen? Que utilidade tiveron as forzas estatais, – vellas e novas -, para esta cidade, para esta provincia?”.

“Foron útiles PP e PSOE para subirlle a pensión ás persoas maiores en Ourense e en Galicia,  evitaron a emigración da xente moza nunha provincia que ten un problema de envellecemento da poboación, lograron que o Estado aportase os 188 millóns de euros que nos deben en dependencia, conseguiron acabar coa estafa que supón o prezo do AVANT, aportaron os investimentos que Ourense precisa? O que si nos deron foi PP un recortazo de 442 millóns de euros e PSOE un recortazo a 750 millóns de euros co apoio de En Marea-Podemos”, enumerou a líder nacionalista.

Ourense

V

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar