Feijóo declara a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que “o que nos piden as mulleres é que nos deixemos de pancartas e que melloremos as súas posibilidades de ter un emprego”. Por iso, pediu o voto “para as mulleres libres que votan a quen lles peta”, para o respecto, e para acabar co supremacismo ideolóxico dunha esquerda que tenta falar en nome de todas as mulleres, porque, tal e como incidiu,non necesitan estar tuteladas por políticos, senón que queren igualdade real sen condescendencia e non ser discriminada.

Para Feijóo, escoitar o relato en primeira persoa e realista de mulleres traballadoras e emprendedoras, como as que participaron esta mañá nun encontro en Moaña, é o máis importante para afrontar a tarefa da igualdade con acerto no día a día: “Lograr que as mulleres teñades exactamente as mesmas oportunidades que os homes e para que a igual traballo igual salario, merece a pena seguir traballando”.

A IGUALDADE REAL, RESPONSABILIDADE DE TODOS

Tal e como apuntou Feijóo, para algúns partidosrecoñecer o moito que se ten avanzando é conformismo; e, para outros, defender máis igualdade da que hai hoxe é caer na esaxeración ou no postureo. Por iso, salientou que é responsabilidade de todos, incluídas as formacións políticas, acadar que as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes.

Feijóoremarcou que a política que se basea na mentira, na frivolidade ou no crerse superior aos demais non axuda nada a acadar a igualdade real e efectiva. Neste senso, o líder do PPdeG amosouse en contra de aqueles que empregan a igualdade para arremeter contra un rival político. Un xeito de facer política, recalcou, que non representa ao PPdeG, que o que quere non é apropiarse da igualdade, senón comprometerse a seguir traballando entre todos pola igualdade.

Feijóo sostivo que a maioría da xente nin son “snobs do feminismo” nin se senten representados por políticos rancios, que negan a necesidade de seguir avanzando na igualdade real. “Non creo que axude en exceso chamarlle ‘portavozas’ ás mulleres, nin que o segredo da igualdade radique en non contar o conto de Carapuchiña Vermella” nin tampouco, tal e como advertiu,que se cuestionen as dificultades que seguen a ter a día de hoxe as mulleres.Neste punto, avogou por políticas útiles e pola toma de medidas concretas, como está apostando o Goberno galego. Así, mencionou a instalación de cambiadores de bebés nos baños masculinos, aintrodución dunha materia de igualdade na Educación pública, a ampliaciónas baixas por maternidade e paternidade, a aprobación do teletraballo ou o incrementodas prazas públicas en escolas infantís.

FEIJÓO, EN CELANOVA

Feijóo pide o voto para o PP porque é o único que coñece e cre no rural galego e quere enchelo de investimento. Salienta que os populares teñen equipos, ideas e propostas para cada lugar mentres que ás formacións que abren franquicias en Galicia dálles igual a nosa terra

Indica que o Partido Popular é o que garante que a nosa Comunidade teña a importancia que merece dentro do conxunto de España 15, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu esta tarde o voto para o Partido Popular porque é a única formación que coñece e cre no rural galego, apostando por enchelo de investimento.

Deste xeito se expresaba nun mitin celebrado en Celanova, no que asegurou que, a diferenza doutros partidos que só o visitan en campaña “como se fixeran turismo exótico”, o PP “está, vive e cre no rural”, tendo un compromiso con el porque está na súa esencia. Igualmente, lembrou que o rural está presente no Goberno galego e que os populares queren que tamén o estea nos Consejos de Ministros xa que non hai Galicia sen o rural galego, e non hai España e non pode haber goberno de España con partidos sen programa para o rural.

Ademais, Feijóo afeou que se fale de “España vacía ou España vaciada”, xa que, tal e como apuntou, no rural hai veciños que merecen toda a atención dun Goberno que ten que ser de todos os españois e ten que estar tamén o Goberno de España, ao tempo que incidiu na necesidade de investir no rural, algo que non se acada con orzamentos que castigan a Galicia, como fixo o PSOE, baixándoo un 30% mentres o subía noutros lugares un 60%.

Nese senso, o presidente lamentou que haxa partidos que non vexan máis aló de Madrid ou Barcelona, como Podemos, que cree que o rural galego é o céspede dos xardíns da Complutense; Ciudadanos, que só emprega o AVE Madrid-Barcelona e por iso tantas veces estivo en contra da alta velocidade para Galicia; VOX, para o que Finisterre é o tunel do Guadarrama, o PSOE, que está entregado aos partidos cataláns dos que depende o seu goberno e polo que non ten tempo a dedicarse ao rural; e ata os nacionalistas, que non teñen unha sola idea orixinal e copian todo o que fagan os independentistas doutros lugares.

O PP, DIFERENTE DO RESTO DE PARTIDOS


Durante a súa intervención, Feijóo puxo en valor as diferenzas entre o PPdeG con aquelas formacións que se presentan en Galicia como quen abre unha franquicia. Segundo remarcou, os populares teñen equipos, ideas e propostas para cada lugar, ademais de coñecer cada un dos concellos, sen necesidade de ter que fichar á desesperada.

Así mesmo, subliñou que os populares queren a Galicia, sentíndose galegos e españois, e valoran a nosa terra, o esforzo da súa xente e cada paso que se deu xuntos nos momentos máis complexos. “Valoramos a importancia que tivemos, temos e teremos en España”, manifestou. E destacou que o voto para o Partido Popular é o que garante que a nosa Comunidade teña a importancia que merece en España e o que soluciona os seus problemas, á diferenza de Pedro Sánchez, que leva dez meses ignorando os intereses reais de Galicia.

O presidente dos populares galegos fixo fincapé en que, mentres uns partidos queren que España se pareza a Madrid ou a Barcelona, o PPdeG propón que España se pareza máis a Galicia, que conta cun goberno que goberna, que xestiona, que é responsable, que valora a cordialidade e que ten como vocación a unión da sociedade galega.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar