A Xunta condena o asasinato da muller de Valga

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ao asasinato dunha muller en Valga, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero; así como o asasinato en Madrid dunha muller orixinaria de Sober.

O Goberno galego manifesta a súa consternación ante ambos crimes e fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.

 

Así mesmo, a Xunta anima ás persoas que estean sendo vítimas de malos tratos a denunciar para que así se lles poidan prestar a axuda necesaria para rachar coa situación de violencia na que están inmersas.

Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar