Entrevista na TVG:O conselleiro do Medio Rural salienta a nova Lei de Extinción de Incendios

 O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, foi entrevistado no ‘Bos Días’ da Televisión de Galicia. Durante a conversa fixo un percorrido pola realidade do rural galego, facendo especial fincapé na prevención e extinción de incendios e na situación do sector lácteo.

O conselleiro falou, en primeiro lugar, da futura Lei autonómica de extinción e prevención de incendios, anunciada esta semana no Parlamento de Galicia e que se presentará nesta lexislatura. González salientou a importancia de traballar na prevención, xa que “tres de cada catro incendios son intencionados” e adiantou que a temporada de máximo risco se ampliará ata os cinco meses no 2019 e 6 meses no 2020. Entre o paquete de medidas, González tamén mencionou unha nova norma de recuperación e posta en valor da terra agraria e avanzou que se aumentarán os contratos temporais dos traballadores forestais dos tres aos seis meses.

Entrevista completa na TVG, AQUÍ

A situación do sector lácteo foi outro dos temas principais da entrevista. González salientou que “o leite ten agora mellor prezo que no ano 2016, e que aumentou o volume de produción e facturación”. O conselleiro convocou  todos os implicados do sector -produtores, distribuidores e industria- a establecer unha estratexia de dinamización para que no futuro se incremente o prezo e salientou que hai que seguir apostando polo cooperativismo, para reforzar a competitividade e a capacidade de negociación. Por outra banda, sinalou outras vías para abrir mercados, como os derivados lácteos.

González explicou que a falta de remuda xeracional non é un problema exclusivo do agro galego, senón común en toda Europa, e que grazas as subvencións da PAC se incorporan arredor de 500 xóvenes ao ano no campo galego.

En clave europea, comentou que o goberno galego está a traballar nas negociacións para a PAC no período 2021–2027, e nas que se pretende incluir as peculiaridades do rural de Galicia. Para isto, creouse un grupo de traballo que incorpora a todos os actores do sector, “co obxectivo de elaborar as liñas mestras do agro galego”.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar