Inaugurada a exposición “Imaxe e palabra”, de Aspnais

 

O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, inaugurouse a exposición “Imaxe e palabra”, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade.

Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampa de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.

Coas fotografías de 16  destacados fotógrafos e anacos literarios de 31 escritores (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que se ofreceu ao público lucense na sala da Deputación Provincial de Lugo e na Biblioteca Pública Provincial de A Coruña, e agora exponse en Santiago, na Biblioteca Ánxel Casal durante todo o mes de febreiro.

Á inauguración da exposición, por parte de Aspnais asistiron o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución e un grupo de usuarios da institución. Asistiron a este acto o Director da Biblioteca, Jesús Torres Junquera; o escritor Xesús Rábade Paredes; Carmen González Lagarón, vicepresidenta de Fademga-Plena inclusión de Galicia; Marcelo de la Cruz Luzón, Presidente deAspas-Asociación de Pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago e o Secretario Xeral de Política Lingüística  da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

No acto inaugural, coordinado por Xulio Xiz, interviñeron o Presidente de Aspnais, José Reigosa; leron os seus poemas os autores lucenses residentes en Compostela, Henrique Alvarellos, Xoán Xosé Fernández Abella, e Helena Villar Janeiro e pechou o acto no nome da Xunta de Galicia Valentín García Gómez,  Secretario Xeral de Política Lingüística.

A continuación figuran os fotógrafos e, entre paréntesis, os escritores autores de textos:

ALBERTO LÓPEZ ( Helena Villar Janeiro e Xosé Lois García)

FERNANDO GAGO ( Carlos López Fernández e Xosé Otero Canto)

GERARDO LOZANO (Felipe Arias Vilas e Xoán Xosé Fernández Abella)

GERMÁN LIMERES (Antonio Reigosa e Xosé María Gómez Vilavella)

INMA PURRIÑOS (F.J. Neira Pampín e Germán García Mera)

JULIO LEIRA SANMARTÍN (J.L.Durán Mariño e Xoan Neira)

MARÍA VICTORIA FERNÁNDEZ (Martiño Maseda e Marica Campo)

EDUARDO RODRIGUEZ OCHOA (Carmen Blanco)

OSCAR CELA (Luis Latorre e Xulio Valcárcel)

PETER SCHNEIDER (Eloi Caldeiro e María Xosé Lamas)

XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO (Francisco Piñeiro González e Iago Santalla)

YOLANDA PURRIÑOS  (Paco Martín e Manuel Xosé Neira)

ALVEZ (Alfonso Blanco Torrado e Ana Isabel Rodríguez)

JOSÉ REIGOSA (Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero e Toño Núñez)

J.VAZQUEZ (Manuel Regal Ledo e Henrique Alvarellos)

SEBAS SENANDE (B. Santín Carballada e Adolfo de Abel Vilela)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar