O Concello de Ourense asesorou a 62 nais e pais e a 25 adolescentes

O Servizo Municipal de Apoio a Familias con fillos (SMAFF) prestou
atención, ao longo de 2018, a un total de 62 nais e pais e 25
adolescentes, que acudiron ao equipo da Concellería de Sanidade para
recibir axuda para afrontar situacións difíciles e conflitivas ou
problemas familiares puntuais. As familias acudían porque estas
situacións lle xeraban angustia ou medos tras detectar condutas
problemáticas na unidade familiar coa finalidade de abordalas e evitar
que se enquisten no tempo.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez destaca que «con este programa
axudamos á estabilidade de moitas familias que non atopan as
ferramentas necesarias para afrontar situacións conflitivas no seu dia
a día e damos resposta a unha necesidade detectada polos técnicos da
Concellería de Sanidade».

«Trátase dun exemplo da nosa preocupación porque este sexa o mandato
máis social da historia da cidade, dando respostas ás preocupacións
que nos transmiten os propios cidadáns sempre da man dos mellores
profesionais e cunha atención personalizada», explica o alcalde.

O equipo do SMAFF traballa cunha metodoloxía personalizada,
confidencial e gratuíta. En xuntanzas en pequenos grupos aborda as
problemáticas traballando de forma activa e participativa. Ao longo de
2018 realizou 202 sesións coas familias que acudiron ao servizo por
problemas derivados de malas relacións familiares (80%), violencia
intrafamiliar filio-parental (15%), adopcións problemáticas (10%) e
enfermidade mental (2%),

Entre os problemas nas relacións familiares, salientan as crises en
relacións entre pais e fillos, trastornos de conduta antisocial,
condutas disruptivas de violencia intrafamiliar, fracaso escolar,
absentismo escolar, toma de sustancia ou abuso en redes sociais.

Na memoria deste servizo no ano 2018, o equipo técnico indica que as
condutas observadas máis recorrentes son:

– Educación permisiva e sobreproteción, que se traduce mais tarde en
adolescencias problemáticas que é onde se observa unha maior demanda

– Aumento de condutas disruptivas en fillos adoptados pola mesma causa

– Crecemento en condutas de violencia filio-parental intrafamiliar de
fillos a pais

Tamén salientan casos de nenos «diagnosticados» por nais e pais de TDA
con ou sen hiperactividade, que os trastorna e angustia á hora de
marcar pautas educativas. O SMAFF tamén detecta problemas coas
custodias compartidas: os proxenitores non se poñen de acordo, o que
repercute nos menores.

O servizo está a cargo de persoal cualificado (unha psicóloga, e unha
técnica de prevención e educación familiar). As persoas interesada
poden solicitar cita por teléfono, manterán unha entrevista de
orientación presencial e aténdese a súa demanda en sesións de
traballo. En ocasións, créanse pequenos grupos de pais con
características similares. Coa análise de todos os casos elabórase un
Observatorio de Condutas para novas estratexias de prevención, de
promoción de saúde e de intervención.

O servizo apóiase na proximidade e na rapidez para intervir ante as
diferentes problemáticas. Ten especial importancia a voluntariedade da
familia, tentando evitar na medida do posible os contextos de control se
o que se quere conseguir é un cambio. O SMAFF aposta pola importancia
do sistema familiar como motor de cambio: a intervención procúrase
desde a mediación entre todos os membros da familia e se é necesario
coa escola para evitar os problemas do menor tentando non actuar de
maneira focalizada sobre o conflito.

* [Anexo: Resumo estatístico do servizo municipal]

AVALIACIÓN 2018

ORIENTACIÓN, ASESORAMENTO

TOTAL

Nº. DE PARTICIPANTES

87

Nº DE SESIÓNS

202

USUARIOS

NAIS, PAIS

62

ADOLESCENTES

25

Tipos de familias

NUCLEAR

MONOPARENTAL

RECONSTITUÍDA

Participación

20%

70%

10%

Características dos usuarios

PAIS NAIS .

SEXO

MULLERES %

HOMES %

55 (72%)

22(28%)

Idade media

42 anos

Nacionalidad

espa

Non esp.

80%

20%

NIVEL ECONóMICO

BAIXO

MEDIO

MED. ALTO

50

40

10

Nº DE ADO.

SEXO

MULLERES %

HOMES %

25

60

40

Idade media

14

Atención telefónica

PETICIÓNS

PERMANENCIA

ABANDONO

Altas

15

80

77

0

60

Observatorio de Condutas

Condutas observadas.

MALAS RELACIÓNS FAMILIARES

VIOLENCIA INTRAFAMILIAR

Filio-parental

ADOPCIÓNS PROBLEMAS

Enfermidade mental

80%

15%

10%

2%

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar