Teo:O PP mantén a escoita activa, contra as farolas e o alcantarillado

José Manuel Guerra, candidato do PP á alcaldía de Teo

O Partido Popular de Teo chega ao ecuador das xuntanzas logo de percorrer as parroquias do sur. A mensaxe da veciñanza é clara: o desleixo do bipartito cara a metade sur do concello é inaceptable. Á tradicional queixa producida nesta zona respecto do estado das pistas, abastecemento ou saneamento, súmase un novo elemento: o despilfarro coas farolas e a lamentable execución na colocación das novas luminarias nalgunhas zonas.

Os populares indican que o cen por cen das parroquias do rural nas que tiveron ocasión de conversar coa veciñanza teñen queixas do saneamento e da falta de abastecemento. Por tal motivo, “resúltalles indignante que os orzamentos de 2019 reduzan á metade a partida dedicada ao alcantarillado en pleno século XXI”, apunta Guerra.

No que respecta ás farolas, a opinión xeralizada da veciñanza concorda co plantexamento dos populares, quen sempre foron partidarios de colocar os LED, mais non como se está facendo. Ninguén entende semejante despilfarro de cartos cambiando unhas farolas que estaban en perfecto estado”.

A veciñanza non comprende esta substitución de varios centos de pedestais de fundición por outros de latón, cunhas luminarias que nalgúns casos incluso teñen menos luz, polo que diminúe a seguridade da veciñanza”. O enleo de cables ou o feísmo urbanístico das novas instalacións “non son propias dunha inversión de 3 millóns de euros”, sentencia unha veciña de Pontevea.

Neste oitavo ciclo de Escoita Activa foron moitas as críticas realizadas pola veciñanza ao goberno de Sisto. Mostra delo, foi tamén “o enfado monumental que tiñan os veciños polas obras realizadas, que sendo moi escasas, seguen inacabadas como é o caso da vertedura de fecais ao Ulla. Tamén nos falaron das pistas rurais, principais viarios de comunicación para as persoas que viven nas zonas non urbanas, polas que transitan no seu día a día e que están intransitables e abandonadas en moitos casos”.

Nestes momentos, a formación popular xa visitou todas as parroquias da parte sur do Concello e estableceu distintas conversas coas persoas que tiveron a ben acudir a estes encontros para facer balance da xestión do goberno local por parte de Rafael Sisto a escasos catro meses de que remate a lexislatura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar