A cómica Sara Escudero presenta o seu novo monólogo na Sede Afundación da Coruña

 

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará o espectáculo cómico da humorista Sara Escudero na súa sede da Coruña (Cantón Grande, 8). Presentará o seu monólogo Sara Es…cudero o vindeiro venres 25 de xaneiro a partir das 20.30 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Sara Escudero iniciou os seus estudos de Medicina na Universidad de Salamanca, carreira que abandonou para lanzarse a perfeccionar a súa técnica interpretativa. Cursou estudos de teatro na Escuela de Arte Dramático de Torrelodones (ESADT), en Madrid, no Laboratorio de Teatro William Layton e na Escuela de Escritura de Paloma Pedrero, entre outros.

Gravou o seu primeiro monólogo «A sinceridade» para Central de cómicos de Paramount Comedy no 2008. Desde entón gravou tres máis no 2009, 2010 e 2013. Tamén participou no especial 5 (Nin catro nin seis), en Zoom In, realizou varios cameos no Cómico do mes e apareceu no programa de sketches Corto y cambio, Zapeando en La Sexta, Hazte un selfi en Cuatro ou Cero en historia en #0.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar