Voluntarios de Protección Civil de Ourense entregan1.200 kilos de alimentos

 

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense
entregou un total de 60 caixas con alimentos
non perecedoiros, máis 40 caixas (con 6 botellas) de leite e máis 70
botellas de aceite, recollidas de forma voluntaria e desinteresada, no
Banco de Alimentos de Ourense.

Nesta campaña tamén están recollendo xoguetes e roupa (30 caixas) que
lle serán entregados a Cáritas Ourense.

 

A iniciativa, que naceu de forma absolutamente voluntaria por parte da
AVPC de Ourense, está sendo secundada por moitos ourensáns, e
permanecerá aberta até o 4 de xaneiro, data na que procederán a facer
unha segunda entrega de todo o recollido, incluíndo excedentes dunha
coñecida cadea de súpermercados (Mercadona) e doutras empresas que se
adheriron á iniciativa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar