Palmarés do III Festival Internacional de Danza Contemporánea

 

A terceira edición do Festival Internacional de Danza Contemporánea, celebrado no Auditorio Municipal de Ourense, repartiu os seguintes premios nos certames de creación de dúos e solos. O Festival”Solo dos en danza” é unha ponte de cooperación cultural entre dous continentes, América e Europa. Bailaríns e coreógrafos do mundo visitan a cidade de Ourense para gozar, compartir e bailar co público ourensán.

Artistas de toda España, internacionais e locais presentaron os seus traballos no Auditorio, onde puidemos gozar de marabillosas coreografías creadas e interpretadas por novos talentos. O palmarés é o que segue:

Premio Sólodos en Danza Ourense 2018, cuxo premio será unha xira por latinoamérica na primavera de 2019.

  • Coreografía [Tiempo] de Nacho Cárcaba / Intérprete Nacho Cárcaba.

Premio do Público

  • Coreografía Ephimero de Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas / Intérpretes Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas.

Premio Xove, entregado polos 475 estudantes de institutos da cidade, unha iniciativa novidosa no Festival.

  • Coreografía Ephimero.

Premio finalista Danza en La Catedral ‘Bailando con pedras’

  • Coreografía Cuando las aves oyen mi paso, de Ricardo Flores / Intérpretes Ricardo Flores e Diana Pinto.

O xurado do certame Sólodos 2018 estivo composto por Natividad Buil, do Festival Trayectos de Zaragoza e integrante da Red A Cielo Abierto / Red de Festivales de España; Víctor López Carbajales, xerente do Padroado Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza; Erick Jiménez, codirector Sólodos En Danza; e Maruxa Salas, codirectora Sólodos En Danza.

Os proxectos finalistas foron:

  • Cuando las aves oyen mi paso. México – Portugal.

  • Do you?, Irene Maestre e Luís Martínez Gea / Murcia – Albacete.

  • Ática / Elvi Balboa e Lucía Bocanegra / Sevilla – Sanxenxo, Pontevedra.

  • [ tiempo ], de Nacho Cárcaba. Asturias.

  • Ephimero, da cía. Peace of Mind, de Zaragoza

  • Entre Nosotros, de Salvador Rocher. Santa Pola, Alicante

A plataforma cultural SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento. Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural, xerando espazos de colaboración entre proxectos culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensino escénico, artistas, público e a sociedade en xeral.

Toda la información en www.solodos.es

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar