Ourense:Rehabilitación da igrexa da Santísima Trinidade

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural, vén de publicar a licitación das obras de rehabilitación
dunha das igrexas máis singulares da cidade: a da Santísima Trinidade.
O importe de licitación é de 379.634,44 euros e as obras terían un
prazo de execución de oito meses desde a formalización do contrato.

 

O alcalde de Ourense pon en valor este importante anuncio para un dos
elementos patrimoniais máis sorprendentes da cidade e confía en que
pronto saia adiante tamén o anuncio para a consolidación do Castro de
San Tomé. “Desde o minuto un loitamos por coidar o noso Patrimonio
Histórico”, sinala Vázquez Abad.

Jesús Vázquez Abad salienta que ambas actuacións “formaron parte da
última reunión que mantiven co presidente da Xunta, a quen lle
transmitín a necesidade de continuar protexendo e preservando o
Patrimonio Histórico da nosa cidade focalizando esta petición nestes
dous elementos tan representativos de Ourense”.

Así, estos traballos uniranse aos xa acometidos na Catedral, na Ponte
Romana, nas Burgas e á rehabilitación de edificios no casco
histórico, co novo albergue de peregrinos como gran emblema, “todos
eles impulsados por este Goberno Municipal, que sempre acadou na Xunta, un aliado comprometido con todas as demandas e peticións que lle
facemos desde a Alcaldía para mellorar Ourense”, sinala o rexedor da cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar