A Deputación de Ourense e a Cruz Vermella únense na difusión dos primeiros auxilios

A Deputación de Ourense e a Cruz Vermella únense para difundir e sensibilizar á poboación sobre a importancia de primeiros auxilios. Por elo, o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu hoxe unha actividade para ensinar aos traballadores da administración e ao público en xeral, cómo actuar correctamente nos primeiros minutos tras un accidente.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar e o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, participaron nesta iniciativa na que o voluntariado de Socorros e Emerxencias da organización humanitaria explicou aos participantes qué deben facer cando se producen queimaduras ou atragoamentos, e realizaron demostracións teórico-prácticas de reanimación cardio-pulmonar, DESA, traslado de pacientes, entre outras actividades.

Jorge Pumar, quen agradeceu a Cruz Vermella o labor que realiza na nosa provincia, lembrou que, neste sentido, a Deputación de Ourense foi “a primeira administración pública” que logrou o status de “provincia cardio-protexida” para Ourense, a través dun plan de cooperación para axudar aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes na adquisición de desfibriladores, para a súa instalación nos espazos de maior afluencia de público, conseguindo así Ourense a condición de “Provincia cardio-protexida”. Así mesmo, Pumar dixo que este acordo con Cruz Vermella é “un convenio marco que temos que continuar a apoiar con achegas económicas e dotándoo de infraestruturas”.

Pola súa parte, Felipe Ferreiro salientou o compromiso da Deputación de Ourense coa Cruz Vermella en materia de Primeiros Auxilios, Socorros e Emerxencias, “unha colaboración que se suma á doazón de dúas ambulancias de soporte vital básico nos últimos anos, así como a achega a proxectos de apoio á infancia no rural e para a cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de vulnerabilidade desde as asembleas comarcais da organización”. Esta actividade súmase á ampla oferta de cursos de Primeiros Auxilios dos que dispón Cruz Vermella e que se adaptan tanto ás necesidades de particulares como de colectivos específicos, “co fin de axudar a salvar vidas”, sinalou o presidente provincial de Cruz Vermella.

En Europa, máis de tres millóns de persoas sofren accidentes domésticos cada ano, dos cales máis de 7.000 son fatais. Os accidentes domésticos máis comúns son a electrocución, queimaduras, afogamento, caída e paro cardíaco, e afectan a tódalas idades, aínda que son a causa principal de mortalidade infantil en países desenrolados. De feito, o afogamento está entre as dez principais causas de morte de nenos e mozos en cada rexión do mundo. Dado que moitos deses accidentes se poden prever, é preciso ser consciente dos riscos e perigos que representa o entorno doméstico, sendo o primeiro paso para o desenvolvemento dunha cultura de seguridade e prevención no fogar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar