A Deputacíón de Ourense aproba a ampliación de 264 estradas

A Deputación de Ourense aprobou no pleno ordinario correspondente ao mes de outubro, o catálogo de estradas provinciais actualizado a data 1 de maio de 2018, no que se inclúen dúas novas estradas: a OU-1117 Xinzo (N-540) – Vilar de Barrio (OU-1102) e a OU-1217 As Carreiras (OU-1202) – N-540. Deste modo, o número de estradas que a Deputación ten na súa titularidade na provincia ascende á 264, repartidas ao longo das doce comarcas e acadando unha lonxitude de 1.855 quilómetros, sendo a comarca de Ourense a que conta cunha maior porcentaxe de estradas provinciais (16,49%) con 46 estradas.

No pleno tamén se aprobou, por unanimidade, a equiparación do número de efectivos que integran os Grupos de Emerxencia Supramunicipais da provincia de Ourense. Neste sentido, o plenario acordou solicitar a homologación do número de integrantes dos GES na provincia de Ourense para que todos conten con 12 persoas, así como trasladar este acordo á Xunta e á Fegamp.

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

 

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO E DAS BASES DE EXECUCIÓN N.º 5/2018

 

Acordo:

 

1.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente por crédito extraordinario que se financia coa baixa de outra aplicación orzamentaria dentro da mesma área de gasto, co seguinte detalle,

CREDITO EXTRAORDINARIO

 

Aplicación orzamentaria que INCREMENTA o crédito Expresión IMPORTE €
433.00/789.00 “Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial 200.000,00 €

 

RECURSO UTILIZADO

 

Aplicación orzamentaria que se da DE BAIXA o seu crédito. Expresión IMPORTE
433.00/489.18 “Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial 200.000,00 €

 

2.- Aprobar a modificación das Bases de execución do orzamento, que afectan a Base 87 ª, no que se refire a subvencións que teñen carácter nominativo, engadindo a seguinte ás que figuraban inicialmente:

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 433.00/789.00 “ “Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial ,

 

Beneficiario Finalidade Importe
Fundación Galicia Obra Social (AFUNDACION) Inversións e gastos necesarios para a posta en funcionamento do Centro de innovación empresarial de Ourense e para o custe da xestión e mantemento do Centro. 200.000,00 €

 

Os recursos financeiros utilizados para esta modificación serán baixas doutras aplicacións orzamentarias e non afectan cuantitativamente ao Orzamento Xeral da Deputación. .

 

3.-     De acordo co artigo 169 da Lei Reguladora das Facendas Locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no boletín oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

CATÁLOGO DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar o catálogo de estradas da Deputación Provincial de Ourense, actualizado ao 1 de maio de 2018, conforme co documento técnico elaborado polo servizo de Vías e Obras, que consta no expediente. O dito documento está a disposición pública na sede electrónica da Deputación Provincial mediante o código seguro de verificación 11777074162165033406.

 

2º.- Comunicarlle este acordo á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para os efectos previstos no artigo 21.4 do Regulamento da Lei de estradas de Galicia.

 

3º.- Ordenar a publicación do presente acordo no BOP e no Portal de Transparencia da Deputación Provincial.

 

ACEPTACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIA FORMULADA POLO CONCELLO DE LEIRO PARA A TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE EXPROPIATORIO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE ACONDICIONAMENTO DA RÚA CASANOVA

 

Acordo:

 

Aceptar a delegación de competencia formulada polo Concello de Leiro para a tramitación do expediente expropiatorio para a execución da obra “acondicionamento da rúa Casanova”.

 

GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

 

Acordo:

 

1º.- Solicitar a homologación do número de integrantes dos GES na provincia de Ourense, para que todos conten con 12 persoas.

2º.- Darlles traslado deste acordo á Xunta de Galicia e á Fegamp.

 

ECOPARQUE NO ENCORO DE CACHAMUIÑA

 

Acordo:

 

  1. Rematar os proxectos técnicos que convertan áreas de titularidade provincial a carón dos ríos, sinaladamente en Cachamuiña (Concello de Pereiro de Aguiar) e Arnoia, en espazos lúdicos e de lecer para a veciñanza e visitantes, coas actuacións e actividades que permita a legalidade vixente.
  2. Acometer a execución de ditos proxectos exercendo a cooperación técnica e económica con outras administracións públicas, como é característico nos plans e proxectos impulsados polo goberno provincial como por exemplo a Estratexia “Conecta Ourense”, o Plan Termal Provincial ou o recentemente aprobado que converte á provincia de Ourense en destino turístico intelixente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar