Teo:O PP denuncia o “despilfarro” do goberno local cun cento de farolas

En pleno proceso de renovación de luminarias, o bipartito ven de eliminar un centenar de farolas de fundición en perfecto estado e cambialas por outras novas. Dende hai uns días, os veciños dos Verxeles e as súas inmediacións así como das parroquias de Reis e Calo, permanecen en pé de guerra co goberno local debido ao “derroche innecesario” nestes lugares. Pregúntanse por qué se eliminan e onde van parar. Así llo fixeron saber a José Manuel Guerra, amosando o seu descontento por estas accións.

Os populares achegáronse ás zonas “afectadas” alertados pola veciñanza e contabilizaron unhas 115 farolas eliminadas; logo de consultar fontes técnicas independientes, o custo das mesmas podería ascender a un total de entre 90.000€ e 120.000€ se houbera que compralas novas a día de hoxe.

O noso cometido agora é pedirlle explicacións ao goberno local para que nos dea conta das razóns para cambiar as farolas destas zonas, cando somos coñecedores do seu bo estado; tan só precisaban traballos esenciais de mantemento, pero non o seu cambio”, explica José Manuel Guerra, portavoz dos populares en Teo.

Ao mesmo tempo, Guerra aclara que “nós fomos os primeiros en apoiar ao Concello cando se nos comunicou a decisión de renovar as luminarias vellas por luminarias de LED, acompañando incluso a renovación de brazos e pes naqueles lugares nos que se atoparan en mal estado. Sen embargo, hai zonas nas que non se quitaron brazos oxidados e noutras, pola contra, quítanse uns postes de alta calidade que non deberían eliminarse”.

Dende o Partido Popular esixen ao actual rexedor que demostre que a súa política é transparente e dea as explicacións pertinentes diante dos seus veciños. “Os veciños e veciñas de Teo queren coñecer o porque destes cambios e o despilfarro de cartos que conleva para as arcas municipais, así como tamén cal vai ser o destino das luminarias que se sacan xa que a maioría se atopan en perfecto estado”, conclue Guerra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar