A Xunta fomenta a igualdade de oportunidades ás mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que o Goberno galego segue fomentando a Igualdade de oportunidades para as mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración da XVI Xornada de sensibilización sobre a interculturalidade “O poder das identidades compartidas. Infancia, xuventude e interculturalidade”, que tivo lugar no centro sociocultural de Meicende, xunto ao alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo e a directora da área técnica da ONG Ecos do Sur, Sandra García.

Susana López Abella explicou que anualmente dende a Secretaria Xeral da Igualade levase a cabo a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que para esta ano contan cun orzamento que supera os 1,5 millóns de euros.

Estes programas teñen como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada de cara a integración social e laboral das participantes

Outro dos  obxectivos como Goberno Galego é facilitar unha resposta específica ás mulleres vítimas da violencia de xénero en situación de discriminación múltiple e especial vulnerabilidade, como son mulleres con discapacidade, mulleres maiores, residentes no medio rural, inmigrantes ou mulleres con adicións, así como aos seus fillos e fillas menores de idade, rematou López Abella.

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar