Vigo versus Pontevedra

Nos últimos tempos, dúas cidades acadaron a atención da maioría dos medios de comunicación: Pontevedra e Vigo.

Ambas representan dous xeitos non só diferentes, senón contrapostos de facer política, pero igualmente exitosas electoralmente, sobre todo o do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o máis votado, porcentualmente, de todas as capitais do estado.

As citas dos medios de comunicación poñen en evidencia esas dúas concepcións do municipalismo.

Pontevedra salta de novo a actualidade, despois de numerosos premios internacionais polo seu urbanismo, grazas a reportaxe do xornal británico The Guardian, que titula, Pontevedra, paraíso para vivir, que xa o di todo. Vigo aparece nos informativos polo anuncio realizado polo alcalde de que o alumeado do Nadal “vai ser o mellor do mundo”.

Esta frase socorrida de Abel Caballero, que pronuncia acotío na presentacións de todos os seus proxectos, fíxose viral acadando comentarios en medios moi serios como “o albariño é bo”, “o godello que ben sabe”, “atrévete a velo sen rirte”… Como exemplos.

No ano 2007, no que o concello gastou 250.000 euros no alumeado de Nadal, Caballero vendeu que reduciría o consumo nun 60 % pola crises e o cambio climático. Este ano gasta 825.000 euros.

Pero o alcalde vigués sabe que con estas trécolas engaio- la ao seu electorado, rendido as súas escenificacións e a súa política de proximidade: bancos, parques infantís e toda caste de eventos nos que o alcalde se converte en protagonista principal.

Para rematar de completar a súa escenificación política, o victimismo viguista e o enfrontamento co mundo, comezando pola Xunta, así como o anuncio cada domingo na primeira plana do xornal decano dunha nova obra que nunca da comezado sequera.

Pontevedra, se por algo se caracteriza é por apostar por un proxecto de cidade propio pero exportábel.

Igual que Allariz se conver- te nun exemplo para as vilas europeas a fins da década dos noventa, Pontevedra está a ser o mesmo par a moitas ci- dades. Non é casualidade de que ambas levanten a bandei-ra do BNG.

Pero, trabucaríanse os que queiran remedalas, sen máis. Cada concello debe ter o seu propio modelo, construído a partires das súas características, porque non existen dous concellos iguais.

O que si resulta imprescindíbel é que as ideas de fondo, os valores e a concepción respondan a unha proposta política que entenda o espazo público, a vida en común e o xeito do habitar o territorio dende unha visión determinada. En suma, en ter un proxecto político axeitado a cada cidade e inserido na nación. E semella que, niso, o nacionalismo galego é un exemplo, aínda que, as veces, as palabras lle gañen aos feitos.

 

Afonso Eiré é xornalista e colaborador habitual de El Correo Gallego

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar