Loitar contra invasións

 

Desde pequeno, escoite dicir aos maiores que a picadura da abella é molesta pero non mortal, a menos que fosen moitísimas as que atacasen a unha persoa, pero si podía ser mortal a de unha véspora/avispa, supoño que segundo a a sensibilidade da persoa.

Pero a globalización, con todas as súas ventaxas, ten algúns inconvintes como é a invasións de especies foráneas especialmente virulentas e en moitos casos mortais.

A avispa velutina chegou de Asia, entrando en Galicia polo porto de Burela en 2012, pero tamén desde Portugal, o mesmo ano, tendo xa invadido Francia entrando por Burdeos no 2004, e en 2010 polo leste do Estado. Pero en Galicia parece ter atopado excelente lugar para multiplicarse ata convertirse nunha auténtica plaga e un grave problema, do que aínda non nos damos boa conta.

Ata hai pouco tempo, o problema foi esencialmente rural, pero estase a extender ás zonas urbanas, e na capital lucense xa temos varios exemplos de colonias destes virulentos animais, que en principio non atacan se non se ven en perigo pero poden interpretar como perigoso calquera movemento humano que detecten preto do avispeiro.

Os servizos da Xunta de Galicia –colapsados por esta plaga- están combatíndoa con todos os seus efectivos e forzas, e eu teño proba da súa efectividade nun caso que me afectou, pero as institucións deben acometer conxuntamente a loita contra este gravísimo problema que xa causou varias mortas de persoas alérxicas ao mortífero picar destas avispas.

A alcaldesa de Lugo, con motivo da anual ceremonia do voto a San Roque en agradecemento da súa intercesión nas plagss e morte que asolaron Lugo en 1768, lembrouse da velutina para pedir a intercesión do santo neste gravísimo problema.

Polo que logo souben, ao Bng municipal –que non asistiu á ceremonia do voto- pareceulle mal a invocación, pedindo esforzo municipal e doutras institucións para erradicar o problema, antes ca oracións.

Certo que o problema é terreo, rural e urbano, con perigo grave para todos, polo que o que hai que pedir é información detallada sobre o tema e loita decidida das institucións (central, autonómica e municipais) para erradicar o mortífero inimigo que se nos meteu na casa con vocación de permanecer e proliferar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar