Adeus ao célebre actor galego

 

O actor Ernesto Chao faleceu este luns aos 74 anos de idade despois de facer fronte a una prolongada e grave enfermidade, o que convertíu este no día de loito para os profesionais do teatro, o cine e a televisión.

Chao foi coñecido durante anos polo su papel de Miro Pereiro de “Pratos Combinados”. Entre moitos outros, unha das suas caracterízacións foi na serie televisiva “Fariña” na que deu vida a Xerardo Fernández Albor presidente da Xunta nos anos 80.

O corpo do actor é velado no tanatorio compostelán de Boisaca.

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018[1], foi un actor galego.
Índice

Traxectoria

Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969.

Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaboando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva.

Mantivo a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

Longametraxes

La hora bruja (1985), de Jaime de Armiñán.
Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez.
Urxa (1989), de Alfredo García Pinal e Carlos A. López Piñeiro.
Un soño de verán (1992) (TV). Como Pedro Marmelo.
El juego de los mensajes invisibles (1992), de Juan Pinzás. Como Cliente.
Huidos (1993), de Sancho Gracia.
A Metade da vida (1994), de Raúl Veiga.
A lei de la fronteira (1995), de Adolfo Aristarain. Como Veciño.
A noiva de medianoite (1997), de Antonio F. Simón. Como Garda Civil.
Condenado a vivir (2001) (TV), de Roberto Bodegas. Como Ramón Sampedro.
Días de voda (2002), de Juan Pinzás. Como Alejandro.
Trece badaladas (2002), de Xavier Villaverde. Como Inspector.
O agasallo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez. Como Encargado.
Os mortos van á présa (2009), de Ángel de la Cruz. Como Cifuentes.

Curtametraxes

Só para nenos (1985), de Milagros Bará. Como Otto.
Esperanza (1986), de Chano Piñeiro. Como Xefe da terapia de alcohólicos.
Las rubias los prefieren caballeros (2002), de Álex Sampayo. Como xoieiro.

 

Televisión

Pratos combinados (1995-2006). Como Miro Pereira. TVG. Tamén era o director.
Efectos secundarios (2007). Como o doutor Gonzalo Campos. TVG.
Escoba!

 

Personaxes episódicos

Cuéntame cómo pasó (2003). Como Coronel Ibáñez Sañudo. La Primera de TVE.
Aquí no hay quien viva (2005). Como Ramiro Villanueva. Antena 3.
Fariña (2017). Como Xerardo Fernández Albor. (Presidente da Xunta de Galicia). Antena 3

 

Teatro

Desde 1970 participou en máis de 35 espectáculos teatrais con distintas compañías. Algúns títulos son Galileo Galilei, Fobias, Carambola (cóncavo convexo) ou O país da comedia.

As vodas de Fígaro; Teatro do Noroeste, 1994. Como o Conde.
Aeroplanos, xunto a Xosé Manuel Olveira “Pico”, 2008.
Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, Lagarta, 2010 (como Andrés).

 

Galardóns e nomeamentos

 

Finalista nos Premios Compostela de Teatro na categoría da mellor interpretación masculina protagonista por O Rei Lear (1991).
Premio Compostela de Teatro ó Mellor Actor Protagonísta por Galileo Galilei (1993).
Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ó Mellor actor protagonista por Condenado a vivir (2002).
Nomeamento aos Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ó Mellor actor protagonista por Pratos combinados (2002).
Premio de Honra Abrente no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (2002).
Premio María Casares ó mellor actor protagonista por As últimas Lúas (2008).

Premios Mestre Mateo
Ano Categoría Título Resultado
2005 Mellor actor Pratos combinados Nomeado
2007 Premio de Honra Fernando Rey Gañador
2008 Mellor actor Os mortos van á présa Nomeado

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar