Feira do Pemento de Arzúa, co presidente da Deputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na celebración da XXI edición da “Feira do Pemento de Oímbra”, “unha cita gastronómica de referencia en Galicia que enxalza un dos produtos estrela da nosa provincia: o pemento de Oímbra, amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP)”, salientou Manuel Baltar, quen lembrou a importancia que ten o sector primario na economía do municipio e de toda a comarca, polo que este tipo de celebracións “contribúen a poñer en valor e dinamizar o noso rural a través dun dos eixes estratéxicos da súa economía”.

>A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, reuniu a máis de 3.000 persoas para as cales se prepararon 1.000 quilos do produto estrela das hortas de Oímbra, “un concello hortofrutícola por excelencia, e que está amparado baixo dúas denominacións de orixe: temos a IXP Pemento de Oímbra e tamén estamos amparados baixo a Denominación de Orixe Vitivinícola Monterrei”, salientou a alcaldesa de Oímbra. Neste mesmo senso, Ana Villarino lembrou que “a economía fundamental do meu municipio depende do sector primario”, quen asegurou que o “70% da poboación de Oímbra dedícase a este sector”.

A xornada gastronómica, que presentou un completo programa de actividades, comezou ás 12.00 horas co tradicional concurso de pratos de cociña no que o pemento é o ingrediente principal e que dará froito a un novo recetario coas receitas participantes. O recetario presentado este ano reúne as 29 receitas que se presentaron ao concurso o ano pasado.

Ao longo da xornada estiveron instalados no recinto stands de produtos agrarios, de maquinaria agrícola e de artesanía, actividades gratuítas e xogos tradicionais tanto para nenos como para maiores, así como degustación gratuíta de pementos para todos os asistentes á celebración.

A música durante a xornada estivo amenizada pola charanga BCB de Celanova, e ás 14.00 horas, durante o xantar popular, a música correu a cargo de “DJNESS”. A programación continúa pola tarde, ás 19.00 horas, coa actuación de Daniela Dicostas e ás 20.00 horas, será a quenda para Black Stereo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar