Novos equipamentos e melloras nos catro parques de bombeiros

O Pleno do Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento celebrado esta mañá no Pazo Provincial aprobou unha modificación orzamentaria que ascende a 600.000 euros, pola cal investirá na dotación de máis medios técnicos de emerxencia e na mellora do acondicionamento das distintas instalacións dos parques de bombeiros que conforman o consorcio, así o informou o seu presidente, Pablo Pérez. Entre as novas adquisicións, que pasarán a formar parte dos medios técnicos do consorcio, atópase un vehículo urbano pesado e un furgón de servizos varios.

Por outra banda, na xuntanza deuse conta das intervencións dos diferentes parques de bombeiros correspondentes ao primeiro semestre deste ano. “Estes datos indican que o parque do Carballiño-Ribeiro é o que máis intervencións rexistra, o cal suscita a necesidade de dotalo dun campo de prácticas, na parcela anexa ao actual parque. O desenvolvemento desta iniciativa, que estamos a tratar co municipio do Carballiño, só depende da cesión desta parcela por parte do concello”, explicou Pablo Pérez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar