O grupo “Airiños de Arnoia” recibe da Deputación de Ourense instrumentos tradicionais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregou ao grupo “Gaitas e danzas Airiños de Arnoia” unha serie de instrumentos tradicionais construídos no Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense, iniciativa que se enmarca no impulso e defensa das tradicións populares e musicais da provincia de Ourense, como a que representa esta agrupación, creada en Arnoia nos anos oitenta do século pasado e que ten como obxectivo a difusión do folclore tradicional.

O acto, no que se entregaron cinco tambores, un bombo e tres gaitas, contou, ademais de Manuel Baltar, coa participación do Alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio; o presidente de “Airiños de Arnoia”, Francisco Javier Sánchez, e a integrante do grupo Susana Martínez. Manuel Baltar destacou que esta “é unha aposta máis da Deputación de Ourense por preservar á nosa cultura desde o ámbito etnográfico e musical, como vén facendo o Obradoiro de instrumentos da institución provincial que dirixe Manuel Brañas e que ten acadado importantes éxitos con proxectos pioneiros como a recuperación dos instrumentos do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense”, expresou Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar