Lugo: XL Semana Internacional de Cine de Autor

Do 17 ao 22 do próximo mes de setembro, vaise celebrar en Lugo a XL Semana Internacional de Cine de Autor, organizada polo Grupo Fotográfico Fonmiñá, co patrocinio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Vicerreitorado da Universidade-Campus de Lugo, e a colaboración de diversas entidades e institucións.

         O cartel anunciador desta festa do cine en Lugo, que alcanza a súa edición número corenta (aos 39 anos da súa creación, en 1979), comezará a distribuirse nas próximas semanas.

 

         O cartel é creación de Fonmiñá, tendo como base  unha orixinal fotografía do desaparecido Gran Teatro, obtida por Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía deste Grupo Fotocinematográfico. Das corenta semanas que agora se cumprirán, as quince primeiras celebráronse no Gran Teatro e as seguintes vintecinco (contando esta de 2018) no Auditorio Gustavo Freire.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar