Vigo: Xornadas didácticas “Convive Xogando”

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais “Convive Xogando”, cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas.

As xornadas celebraranse os vindeiros 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Municipal. Durante as mañás a actividade estça dirixida a centros educativos,  e poderán participar por cada centro educativo ata un máximo de 3 grupos-aula de 1º e/ou 2º da ESO. As xornadas centraranse nas seguintes temáticas que se tratarán nas mesmas: Deporte e Muller / Deporte e Diversidade / Deporte e Xogo Limpo. Cada centro educativo poderá escoller que día quere participar dependendo do tema que se trate.

Para poder participar cómpre remitir cuberta a ficha de inscrición que se achega antes do 21 de maio de 2018 ao seguinte enderezo de correo electrónico: cemv@vigo.org. Dado que o número de prazas é limitado, de ser o caso, atenderase ao criterio como a rigorosa orde de solicitude.
 
 O Servizo Municipal de Educación a través do seu programa educativo “Vigo Educa”, aportará transporte de balde para asumir os desprazamentos dos escolares asistentes ás xornadas “Convive Xogando”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar