Adeus a Meilán Gil

O ex reitor e político José Luis Meilán Gil faleceu a a os 84 anos despois dunha longa traxectoria como catedrático e político. O profesor de Dereito Administrativo (A Coruña 1933) foi nomeado reitor en 1990 por Manuel Fraga no seu primeiro ano na  Xunta e estivo á fronte de la Universidade da Coruña durante trece cordeiros. A súa carreira como dirixente universitario sucedía a a súa ancha traxectoria como político, iniciada durante o franquismo como procurador en Cortes e continuada logo en la Transición como membro de UCD, que en 1982 adeciouse en exclusiva a la avogacía e á docencia universitaria.

 

Estudou Dereito nas Universidades de Santiago de Compostela, Zaragoza e Oviedo (1951-1956). Acadou a licenciatura en Dereito na Universidade de Oviedo e fixo o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Completou os estudos na London School of Economics e na universidade de Bonn, Foi profesor de Administración Económica na Escuela Nacional de Administración Pública de Alcalá de Henares en 1956 e despois na Universidade de Madrid. Foi catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela dende 1968. Foi director adxunto do Instituto de Estudos Administrativos de Alcalá de Henares, conselleiro nacional de Educación e membro da xunta asesora da Secretaría Xeral Técnica da Presidencia do Goberno. Foi secretario xeral técnico da Presidencia do Goberno con Luis Carrero Blanco en 1969] e foi elixido procurador en Cortes en 1971 como representante da familia. En 1990, foi nomeado reitor da universidade da Coruña (UDC) no primeiro mandato de Fraga na Xunta de Galicia, e consideróuselle próximo ao Opus Dei.

 

 

LEMBRANZA DE FEIJÓO

 

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo tamén ter un recordo especial para José Luis Meilán Gil, reitor durante 13 anos da Universidade da Coruña. “O noso agradecemento e respecto polo seu labor como profesor e como figura, cunha relevancia política no momento da Transición e clave dentro da elaboración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia”, dixo, ao que engadiu que “comprometido cos asuntos públicos e cos intereses xerais, Meilán Gil forma parte xa da historia do século XX de Galicia”.

PARTIDO GALEGO INDEPENDENTE

 

Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o réxime de Franco en agosto de 1976 funda o Partido Galego Independente onde participan profesores da Universidade de Santiago de Compostela como Pablo González Mariñas ou Perfecto Yebra ou empresarios como Claudio Sanmartín. Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo nacionalismo de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido Reforma Democrática de Manuel Fraga Iribarne, tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha democracia de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como María Victoria Fernández-España, da familia propietaria de La Voz de Galicia.

Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da Lei de Reforma Política, integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por Adolfo Suárez, ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de Euloxio Gómez Franqueira. Isto contribuíu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no Congreso.

 

 

 

A AUTONOMÍA

 

 

A partir de aí a acción política traduciuse no estímulo social, xunto con outros notables e forzas non rupturistas, de espallar o sentimento autonomista, do que foron expresión as grandes manifestacións a prol da autonomía política do 4 de decembro de 1977. Paralelamente, arrincouse do Goberno Suárez o Real Decreto-lei 7/1988 de 16 de marzo polo que se establecía un réxime de preautonomía un día antes de que se ditase o correspondente a Aragón, Canarias e Valencia. Deste xeito, buscábase suliñar o carácter de nacionalidade histórica de Galicia, por ter xa plebiscitado un Estatuto de Autonomía en 1936. O 18 de abril constituíuse a Xunta de Galicia preautonómica onde Meilán Gil colocaba a un dos seus homes Alejandrino Fernández Barreiro na carteira de Educación e Cultura. Meilán asumiu a consellería de Agricultura.

Como deputado nas Cortes Xerais, Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que Cataluña e o País Vasco, pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión nacionalidades incluída no artigo 2 da Constitución. Nesa época, estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do Estatuto dos dezaseis, opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia Pérez Llorca de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como “trasto inútil”.

A Comisión Constitucional finalmente aproba un proxecto que só a UCD estatal apoiaba. Ante esta deriva, o nacionalismo de esquerdas confirmaba a necesidade dunha vía de ruptura mediante as Bases constitucionais. Manuel Fraga Iribarne o 20 de novembro de 1979 anunciaba, pola súa parte, que AP non consentiría ningunha discriminación para Galicia e o 24 de xaneiro de 1980 formulaba a “Declaración de Cambados” onde facía un chamamento a todos os partidos políticos para acadar un Estatuto aceptado pola maioría]. Personaxes influentes como Domingo García-Sabell, Ramón Piñeiro, Eduardo Blanco Amor ou Xerardo Fernández Albor, Isaac Díaz Pardo, Álvaro Cunqueiro, Xaquín Lorenzo ou Antón Fraguas cualificaban nun manifesto conxunto ao Estatuto de UCD, como unha “agresión política a Galicia”. Ante isto, Meilán Gil convoca a UCD da Coruña e na denominada “Declaración de Bergondo” de 30 de marzo propugna a recuperación dun texto axeitado ás arelas de autonomía do país. Isto desembocou no “Pacto do Hostal” do 29 de setembro de 1980 entre UCD, PSOE, AP, PG, e PCE que desbloqueou o proceso e permitiu recuperar boa parte do articulado inicial.

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar