En Marea valora que a Feijóo “non o queren en Madrid”

 

“Non o queren en Madrid. Pois nós tampouco. Corrupción, recortes, financiamento ilegal… demasiado peso na mochila para Alberto Núñez Feijóo”. Esta foi a conclusión manifestada polo voceiro de En Marea, Luís Villares, ante a decisión anunciada polo presidente da Xunta de non optar á substitución de Mariano Rajoy ao fronte do PP en Madrid. “Feijóo non concorre á carreira sucesoria porque sabe que non o queren, ao final, o pasado de Feijóo acabou co seu futuro. Feijóo tiña máis pasado que futuro. Núñez non era o merlo branco que nos querían vender. En Galicia sabémolo ben” afirmou Villares.

Feijoo dirixe en Galicia un partido recoñecidamente corrupto, como demostrou o Caso Campeón. Así atopamos un deputado baixo o seu Goberno foi condenado por malversación e dous altos cargos do goberno baixo o seu mandato xa foron condenados por prevaricación e malversación.

Feijoo dirixe un Goberno que deixou morrer a 8 enfermos de hepatite C mentres esperaban por un medicamento que existía na farmacia, e polo que hai investigados dous altos cargos do SERGAS. Esta é a cara máis crúa dos recortes de Feijóo, os máis salvaxes aplicados polo PP en toda España.

Villares sinalou que hai unha consideración “incluso no PP ven que unha persoa que dedica todos os seus esforzos a facer carreira para si mesmo, poñéndose a si mesmo por riba dos seus cidadáns, dos seus votantes e mesmo do seu partido, non merece estar á fronte dun partido que ten que aprender unha lección: hai que pensar no interese xeral e non no interese particular”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar