Anos fermosos

Os anos vanse sucedendo como consecuencia do paso dos días, semanas, meses… e pasa un ano, e outro máis, case imperceptiblemente, ata que un se da conta de que foron pasando tantos anos que xa pode parecerse a aqueles tópicos vellos avós que contaban batalliñas, porque ao fin –tamén avó- un pode exercitar a súa memoria e acreditar que pasou tanto tempo, que o mundo de hoxe xa non é o da súa mocidade, aínda que ese mesmo mundo, coa súa voráxine, non deixe tempo para pararse a pensar.

Aos mozos de hoxe, e aínda aos maduros, pode parecerlles que en España o estado político natural é a democracia, pero os que somos maiores sabemos que toda a nosa infancia e mocidade estivo embargada –no máis amplo sentido da palabra- polo autoritarismo, cunha dictadura á que nin siquiera se nos ocorría chamar así, cun Xeneralísimo con poder absoluto sobre xentes, facendas e vidas… e o peor de todo é que aquela situacion –ignorancia política total- nos parecía perfectamente natural.

Pasamos medo no cambio do franquismo á monarquía, temendo o que puidera pasar… vivimos unha transición –sempre, ruído de sables- temendo que os militares tomaran o poder e todo volvese a empezar… aprendimos a estimar unha monarquía –luces e sombras- que nos foi introducindo na modernidade, meténdonos en Europa, saíndo de guetos, facéndonos cidadáns dun mundo que non coñecíamos nin nos coñecía…

E de repente, miramos para atrás, e descubrimos que hai case medio século que morreu Franco (na cama), que os que o acompañaron na súa aventura militar son historia, que os que foron forzados na súa compañía foron rendindo contas ao final das súas existencias, e cando so faltan 18 anos para o centenario da traxedia maior da nosa historia vivimos en relativa democracia, deixamos vivir, traballando, tendo problemas que chamamos crises, e mirando con temor un futuro que nunca deixou de ser oscuro, e agora mesmo agardando que un xenro do Rei emérito, cuñado do Rei actual, entre no cárcere por non saber desempeñar axeitadamente o seu papel nas primeiras filas da nosa sociedade.

Calquera tempo pasado non foi millor, aínda que o dixera Jorge Manrique. Aínda que non o pareza, estamos vivindo nun bo momento. Vivámolo, e confiemos no futuro!.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar