Ourense:Portugal celebra a festa das suas letras

Portugal celebra internacionalmente o 10 de xuño o Día de Portugal, Camões e das comunidades portuguesas e Ourense acollerá unha fin de semana de festexos na súa honra na que recibirá a visita de 15 Cámaras Municipais para compartir a grande festa das letras portuguesas. “Queremos é que o 8 e o 9 de xuño Portugal invada a nosa zona histórica con produtos de artesanía local, gastronomía e folclore”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a súa intervención. A escolla da nosa cidade para celebrar este día -por segundo ano consecutivo- atende en palabras do vicecónsul Manuel Correia da Silva, “a estar coma na casa”.

“O noso obxectivo non é vender Portugal”, dixo Correia da Silva na presentación, “porque os ourensáns coñecen ben o noso país, pero cómpre lembrar que na provincia de Ourense viven máis de 5.000 portugueses”. Así, o venres haberás postos instalados na praza do Bispo Cesáreo de dúas da tarde ás dez da noite, así como animación de rúa a cargo de dous grupos folclóricos de Vila do Conde e do Grupo de Teatro de Rúa de Baião. O sábado, o horario de apertura dos postos será ininterrompido de 10:30 horas, pola mañá, até as 22:00 horas, e a animación de rúa correrá a cargo dos grupos Zés Pereira, A rusga de São Pedro, e o racho folclórico da Ribeira.

Porén, o prato forte da fin de semana servirase ás nove da noite na Praza Maior. Na noite do sábado poderemos gozar da actuación de María do Ceo. “Artista que é patrimonio galego e portugués a partes iguais e que nunca nos cansaremos de reivindicar coma a grande unión lírica entre ambos sentimentos, dun e doutro lado da raia”, dixo o rexedor ourensán. O domingo, o concerto será a cargo de Sílvia Raquel, desde a Póvoa de Varzim, unha das grandes voces do fado portugués.

“En definitiva, unha xornada de convivencia na que Ourense será o orgulloso anfitrión dos representantes das Cámaras Municipais Portuguesas e, no marco desta Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, nos poidamos coñecer máis, principio básico para po respecto entre os pobos”, aseguraba Vázquez Abad.

As cámaras municipais que se trasladarán a Ourense serán as de Amares, Arcos de Valdevez, Baião, Braga, Chaves, Cinfães, Marco de Canaveses, Matosinhos, Mondim de Basto, Ponte de Lima, Póvoa de Varzim, Resende, Ribeira de Pena, Santo Tirso e Vila do Conde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar