O Concello de Ferrol realizará obras no entorno de dez colexios públicos

O Goberno de Ferrol executará obras de mellora nos accesos aos dez colexios públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio, dentro do programa transversal Camiños Escolares Seguros, que implica a varias áreas do Executivo, de Urbanismo e Mobilidade, a  Ensino, pasando por Seguridade, Obras e Servizos, na procura fomentar a autonomía dos pequenos no camiño a escola, mellorando a seguridade viaria, fomentando hábitos saudables e conciencia urbana e de cidade.

A primeira hora da mañá deste mércores 6 tiña lugar no Pazo Municipal, unha xuntanza entre os concelleiro de Urbanismo, María Fernández Lemos, o de Ensino, Suso Basterrechea, cos dez directores dos CEIP do municipio, ademais dos técnicos de Educación e Obras para marcar e priorizar os traballos que se van a executar nos vindeiros meses, de cara ao curso escolar 2018/2019, e que inclúen o sinalización dos pasos de peóns con lapiceiros de cores,  de conformidade coa Policía Local.

Esta especial sinalización será unha sinal inequívoca de que se aproxima unha zona escolar, dentro dos Camiños Escolares Seguros, con nove centros xa inscritos na aplicación GeoMove, que desenvolveu a Universidade da Coruña para trazar rutas seguras, tal e como indicaba esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, María Fernández Lemos.

“As obras de urbanización na mellora do entorno dos CEIP implican, entre outras cuestións,  a elevación de pasos peonís para a regulación do tráfico, zonas de aparcadoiros exprés en determinadas horas de entrada e saída dos centros, para que os pais teñan unha zona próxima na que achegar aos pequenos e que estes poidan facer o resto do percorrido de forma segura sen que se cause unha distorsión no tráfico rodado”, expoñía hoxe a concelleira.

 

 

Doutra banda, en rolda de prensa, a concelleira avanzaba hoxe que o Goberno xa está en disposición de iniciar en breve as actuacións para executar as obras de mellora na accesibilidade aos centro deportivos de A Malata, Ensanche, Esteiro e Caranza, tanto no exterior como no exterior, desde o percorrido no estacionamento ate as obras interiores en gradas, aseos e vestiarios.

 

O proxecto, xa redactado, conta cun orzamento xa previsto no exercicio económico do 2018 por un importe de 192.000 euros, e na súa redacción, tivéronse moi a implicación e as achegas feitas polas dúas asociacións Diversidade Funcional e ASCM, as que Fernández Lemos agradecía hoxe moi especialmente a súa colaboración tanto na mellora da accesibilidade aos centros deportivos como na mellora dos pasos peonís.

“O proxecto pasa por mellorar os percorridos interiores, tanto horizontais como verticais, -algúns precisa de ascensor-, aseos, vestiarios e gradas. Xa está redactado e feito por separatas para poder acometelo o antes posible e de xeito progresivo”.

 

O GOBERNO ELEVARÁ A XGL A REFORMA DA PRAZA DE ARMAS PARA INICIAR A LICITACIÓN DUN PROXECTO NUCLEAR PARA RECUPERAR ESPAZO PÚBLICO

 

Por último, a preguntas dos medios, a concelleira de Urbanismo expoñía hoxe que o proxecto para iniciar a necesaria reforma da Praza de Armas, un espazo publico nuclear da cidade se vai recuperar para o desfrute público, vai ser elevado no inmediato a Xunta de Goberno Local co informe-proposta, o trámite preciso para dar inicio ao proceso de licitación da obra, cun orzamento previsto para este ano 2018 de algo mais de 800.000 euros, na primeira das dúas anualidades.

“É un proxecto que contou coa colaboración de 50 estudos de urbanismo e arquitectura, que deu como resultado un gañador: unha proposta moi respectuosa co barrio da Magdalena (BIC).  Foi remitida a DX de Patrimonio con todos os informes preceptivos –e foi informada favorablemente por unamidade no Consello Territorial, que non era preceptivo, pero que informou favorablemente tal e como consta na acta”, lembrou.  A xuntanza tiña lugar na Coruña o 19 de abril.

“Está informado por unaminidade por Patrimonio”, subliñaba hoxe novamente Lemos. “Non é preceptivo un informe de Urbanismo e as competencias nesa materia son municipais. Penso que non quedan mais trabas que salvar. A supresión das prazas de Armas está totalmente xustificada polos técnicos, -coas prazas baleiras todos os días en Cantón, Praza de España e os dous a carón dos mercados- e o lugar para un aparcadoiro soterrado, no caso de que fose preciso outro, non sería Armas”.

A concelleira de Urbanismo manifestou a súa confianza en que, nas vindeiras semanas, poidan saír de Contratación para elevar a Xunta de Goberno Local todos os proxectos que o Goberno ten colocados na parrilla de saída con cargo aos orzamentos do 2018 e ao superávit, entre os que enumerou, ademais de Armas, cun prazo de execución de oito meses, a reforma de tres bloques en Recimil, pista polideportiva de Mandiá, rúas Espartero e Curuxeiras, pasarela peonil de Santa Mariña e mercado de Caranza, sinalados, repetidamente como prioritarios para o que resta de mandato.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar