Ourense:Jesús Vazquez confirma a primeira fase da Estación Intermodal

A Xunta de Galicia ven de declarar a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar a primeira fase do proxecto integrador da nova Estación Intermodal de Ourense (estación de autobuses e aparcadoiro soterrado), aprobado como proxecto público de urxencia ou excepcional interese.

Para o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez “este anuncio supón un importantísimo avance para que a Estación Intermodal sexa unha realidade canto antes”, sinalou.  “Tamén confirma o compromiso da Xunta de Galicia con Ourense, no obxectivo de que a cidade vexa de forma inminente o inicio das obras do aparcadoiro soterrado e da nova estación de buses”.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o decreto polo que se declara a urxencia da ocupación polo “excepcional interese” do proxecto debido a os seus especiais beneficios sociais e económicos que permitirá a transformación da actual estación de ferrocarril de Ourense nunha Estación Intermodal que acolla tanto servizos de alta velocidade como a nova estación de autobuses para o transporte público por estrada.

Asemade, a declaración de urxencia pretende garantir a viabilidade da obra nun prazo que posibilite o seu financiamento con cargo ao programa operativo Feder 2014-2020.

Coa aprobación desta ocupación de urxencia a Xunta de Galicia da resposta á solicitude presentada polo Concello de Ourense o pasado 26 de abril de 2018, cando solicitou que o Consello da Xunta acordase esa declaración de urxente ocupación para executar a primeira fase do proxecto integrador da nova Estación Intermodal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar