Melloras no complexo admninistrativo de San Caetano

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, acaban de presentar o “proxecto de obras para a mellora da eficiencia enerxética do complexo administrativo de San Caetano”. As obras, nas que se investirán uns 6,5 millóns de euros e que se prolongarán previsiblemente por 10 meses, afectarán a un total de cinco edificios do complexo. O Goberno de Galicia asegura que as obras comezarán de inmediato.
Todas as actuacións que se acometerán  acordáronse tras realizar unha auditoría enerxética no complexo para determinar cales eran as medidas máis adecuadas. Segundo o Executivo rexional, en concreto, procederase á substitución de 1.125 xanelas; actuarase sobre as cubertas, substituíndo as tellas para mellorar a impermeabilización e o illamento; restaurarase e mellorarase a envolvente con limpeza de cantería, tratamento de cornixas e a implantación dun sistema de illamento térmico polo exterior; así como tamén se substituirá a iluminación por tecnoloxía led, o que supoñerá máis 3.744 luminarias novas, 314 novas lámpadas e 657 sensores para o control de aceso. Ademais -engaden fontes da Xunta-, se mejorarará a climatización baixo cuberta do edificio central coa instalación de dúas bombas de calor para a climatización e dun novo sistema de renovación de aire
Segundo o Executivo galego, “grazas a estas actuacións, conseguiranse uns aforros enerxéticos de ao redor de 1,5 millóns de quilowatts hora cada ano, o que se traduce nun aforro algo superior aos 96.000 euros e evitarase anualmente a emisión de 515 toneladas de dióxido de carbono”. Con esta segunda fase das obras -informa a Xunta-, o Goberno de Galicia explica que quere continuar “na senda de mellora de eficiencia enerxética deste complexo, que comezou en decembro de 2016 coa posta en servizo dunha caldeira de biomasa para satisfacer as necesidades de calefacción. A través da utilización deste combustible, autóctono e respectuoso co medio ambiente, é posible obter aforros aproximados de 70.000 euros anuais”. Ademais destas melloras, a Xunta xa adxudicou o contrato para redactar o proxecto da Cidade de San Caetano, que supoñerá a ampliación do complexo ocupando os terreos da actual estación de autobuses, que quedará en desuso cando entre en funcionamento a intermodal.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar