Dúas persoas foron atendidas esta mañá polos servizos sanitarios de urxencia, tras a inhalación do fume provocado ao incendiarse uns cables eléctricos do Centro Cultural de Rianxo.
No incendio, unicamente se viron afectados os cables e parte do teito do inmoble situado no lugar de Palleiro, na parroquia rianxeira de Leiro. Foi o mesmo persoal do centro quen ademais de extinguir o lume axudándose duns extintores, alertou sobre as 08:00 horas desta mañá ao 112 Galicia. Aínda así, tras recibir o aviso, persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Boiro y a la Guardia Civil, que decontado se desprazaron ao punto. Cando os membros de extinción chegaron ao punto, o lume xa fora apagado polo persoal do centro, aínda así, os bombeiros procederon a revisar e arrefriar o local. Ademais, indicaron que había dúas persoas que podían precisar asistencia sanitaria polo que pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias.
Finalmente, os técnicos sanitarios confirmaron que os dous afectados foron atendidos no mesmo lugar onde ocorreron os feitos, sen ser necesario o seu traslado a ningún centro hospitalario.
Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar