As portas, abertas

As portas das cortes, si, tiñan caravillas de ferro do ferreiro do lugar ou trancas de carballo labradas coa machada e acepilladas coa garlopa do carpinteiro, que facía trancas para quen llas pedira en dúas ou tres parroquias da redonda. Era, sen dúbida, un tempo e unha forma de vivir coas portas abertas, sempre coas portas abertas. Agora os tempos son diferentes, péchase todo e todo se pode fechar. Péchanse as organizacións para o desfrute duns poucos, péchase a entrada aos centros educativos e de formación básica ou universitaria, péchanse as listaxes de candidatos ao que sexa e, incluso, os novos teñen dificultades para abrir as portas do porvir.

Segundo Karl Popper, unha sociedade aberta é aquela que pon en liberdade as facultades críticas do home. Liberdade que non interesa aos que manexan a chave só para cerrar

Todo está fechado e con altas medidas de seguridade, con caravillas e trancas sofisticadas e invisibles, con mecanismos técnicos e con chaves informáticas e dixitais de pouco peso, pero de grande resistencia e eficacia no seu cerrar, nese pecho que definitivamente impide a todos vivir nunha sociedade aberta, natural e normal. Nunha sociedade aberta que, segundo Karl Popper, é aquela que pon en liberdade as facultades críticas do home. Liberdade que non interesa aos que manexan a chave só para cerrar. Como cambiaron as cousas, amigos! Falan de liberdade e cerran a cal e canto.

As portas para o cambio e o progreso fican pechadas, en Cataluña, en América e onde queira que vaias, aquí e do outro lado do mar. Non hai por onde entrar en razón, non hai camiño para discusión, logo tamén queda pechado o camiño do progreso. E, de tanto estar cerrado, o asunto acaba afogado e balorento, podre e cheirento. Xa o dicía a Tía Manuela, para respirar, “abride portas e ventás, que entre aire fresco, que purifique o ambiente, o espírito e a alma”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar