Teo:José Manuel Guerra demanda o remate inmediato do acceso ao colexio da Ramallosa

 

A obra de accesibilidade de colexio e pabillón da Ramallosa tiña un prazo de execución de tres semanas e leva tres meses sen rematar. Usuarios trasládanlle aos populares de Teo o seu enfado por este inxustificable retraso. A falta de previsión fixo que unha obra menor se prolongara pola agarda de unha baranda.

A veciñanza manifesta o seu estupor porque as obras de accesibilidade de colexio e pabillón da Ramallosa estean “case rematadas” pero leven paralizadas á espreita de que se poña unha baranda. Esto supón unha falta de planificación por parte do Concello, quen debería ter todo preparado en base ao proxecto antes de iniciar a obra. Os usuarios pregúntanse se acaso “non se sabía de antemán cantos metros de baranda farían falta para telo todo pedido?”. Estas obras ocasionan os evidentes trastornos nos accesos de entrada e saída e a veciñanza alude ao “lío que se forma cada mañan e sobre todo cada tarde no colexio”.

Para os populares teenses, a veciñanza ten demostrado “ter toda a paciencia do mundo”, polo cal as queixas que agora realiza “teñen todo o fundamento de quen agarda tres meses para que rematen unhas obras que ían durar tres semanas”. “Mais todo ten un límite”, sinala Guerra, quen concorda “con cada unha das palabras daqueles que denuncian estes feitos”.

Os concelleiros populares cualifican de inaceptable este retraso derivado dunha evidente falta de planificación e esixen publicamente que o Concello remate “de inmediato” estas obras en beneficio da veciñanza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar