Medallas Castelao: Preto de 1.800 adhesións para Xesús Mato

 

 

A finais da pasada semana tíñanse remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello Xesús Mato Mato.

Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucions ou empresas. Entre as últimas adhesións colectivas recibidas hai empresas (Maderas Besteiro, Gráficas Lucenses, Editorial Galaxia…); Centros educativos (Instituto Lucus Augusti, Politécnico, Colexio Ramón Piñeiro, Colexio Fingoi, Escola Aulos…); Parroquias (San Francisco Javier, Alta, Veral, Mera….); Corais (Orfeón Xoan Montes, Ecos do Miño; Rosalía de Castro, Sorozábal e Pleamar, de Bizcaia; Coral do Concello de Sarria…), Asociacións (Círculo das Artes de Lugo, La Unión de Sarria, Casa de Galicia de Santurtzi, Rosalia de Castro de Barakaldo, Centro Galego de LLodio, Asociación Senior de Telefónica ou Voluntarios da Cruz Vermella de Sarria…), Concellos (O Corgo, Páramo…); Asociacións de veciños (Nova Abella, Pena, Guillar, Galegos, Vicinte ou San Mamede dos Ánxeles…); así como de Paradela a Asociación de Mulleres Rurais, S.D. Paradela, ou Montes en Man Común.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar