Romaría do PP da Coruña:Feijóo reivindica xestión fronte ante á “parálise” das Mareas

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o proxecto do seu partido para a provincia da Coruña fronte á “parálise, o desánimo e a desilusión” das cidades gobernadas polas Mareas. Así se expresaba durante a celebración da II Romaría Popular do PP da Coruña, que reuniu en Santiago unhas 4.000 personas.

Segundo manifestou, a ilusión nesta provincia é o Partido Popular de Galicia, a forza política que máis traballou pola Coruña.Malia isto, advertiu de que os populares deben gañar cada día a confianza dos cidadáns; escoitar aos veciños; responder ás súas necesidades; e demostrar que están cheos de ilusión.

A nosa experiencia aválanos como a mellor opción para o futuro”, dixo mentres explicaba que precisamente pola vocación de futuro non esquecen o pasado: nin os acertos, nin os erros nin as persoas que fixeron que o PP sexa o que é na actualidade.

Ademais, Feijóo subliñou que “o Partido Popular de Galicia está máis vivo e máis activo ca nunca”, recoñecendo que manterse unidos é o único camiño para volverse máis fortes. Nesta liña, insistiu en que o seu non é un partido de personalismos, senón de proxecto e que, mentres outros teñen como único proxecto destruír aos compañeiros, os populares “son compañeiros traballando unidos polo mellor dos proxectos para os galegos”.

PPdeG: EXPERIENCIA E UNIDADE

Feijóo aseverou que “calquera partido se cambiaría pola situación na que está o PP, e moito máis pola do PP de Galicia”, poñendo en valor a experiencia, a unidade, a confianza, os resultados, os candidatos e os afiliados dos populares.

No mesmo sentido, apuntou que mentres ao resto de forzas a soberbia impídelles recoñecer os logros do PPdeG, “nós non nos conformaríamos cos seus obxectivos máis optimistas” xa que “quero que ao PP se lle esixa máis, quero que nós nos esixamos máis e quero que se espere de nós moito máis que o resto”.

Feijóo tamén aclarou que os populares non son como eses partidos “zero” -con cero ilusión, cero unidade e cero ideas- senón que fixeron moito e aínda farán máis. Así, mentres a oposición só se mira ás costas, só intenta que a cidadanía esqueza que non fixeron nada e só di a todo que non, “nós despois de nove anos podemos seguir mirando aos ollos dos galegos con confianza e ilusión, podemos dicir que Galicia está crecendo, que ten cada vez máis benestar e podemos seguir dicindo “en Galicia si”. No mesmo sentido, apuntou que “nunca pedimos perdón ao BNG por ser galegos e nunca pediremos permiso a Ciudadanos para ser españois”.

O presidente dos populares engadiu que non lle sirve que ao PPdeG lle valga non mollarse en nada como fai o PSOE; non lle sirve que se dirixa a unha parte pequena dos galegos, como fai o BNG; non lle sirve gobernar e non facer nada como fan as Mareas de Podemos; en non lle sirve non ter un proxecto no que Galicia non sexa o centro, como é o caso de Ciudadanos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar