Ourense:José Manuel García, proposto como novo director da UNED

A Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense, na reunión celebrada no Pazo Provincial, presidida polo titular da Deputación e presidente do padroado, Manuel Baltar, aprobou a proposta de nomeamento de Jesús Manuel García Díaz como novo director do centro asociado da UNED en Ourense. A reunión extraordinaria, que tivo lugar esta tarde no Pazo Provincial, tiña como único punto da orde do día analizar as propostas relativas á designación de director/a do centro asociado de UNED en Ourense, ditaminando a Xunta Reitora a Jesús Manuel García.

Jesús Manuel García Díaz (1966) é doutor en Historia Contemporánea e licenciado de grao en Patrimonio Histórico pola Universidade de Vigo, e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Ten un máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo, e posgrao en Interpretación do Patrimonio Cultural pola Universidade Oberta de Cataluña. No ámbito profesional foi profesor convidado na Universidade de Vigo na materia de Didáctica das Ciencias Sociais, na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte, e foi redactor de La Voz de Galicia en Ourense, así como delegado no Barco de Valdeorras de La Voz de Galicia, Radio Voz e Antena 3 Radio. Está colexiado no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar